- Detalles
-
Categoría: Colexio Arquitectos Galicia
-
Published: Luns, 03 Decembro 2012 17:36
-
Escrito por Eva
-
Visitas: 595
A caída da actividade de visado de vivendas, de 47.000 a 3.000 nos últimos anos, levan á entidade a adoptar un conxunto de medidas que supón unha reforma administrativa “necesaria”
O Colexio de Arquitectos de Galicia ultima un Plan de Viabilidade para o ano 2013 co fin de “garantir o futuro da organización, que se fundamenta na aplicación das Novas Tecnoloxías”. Explica que a implantación do visado telemático –que supón un extraordinario aforro de costes e tempo, así como maior transparencia e certeza xurídica– obriga a un cambio de modelo á hora de prestar os seus servizos aos colexiados, ás Administracións Públicas a á propia sociedade. E agrega que o Colexio precisa acadar o “equilibrio” na súas contas, “extraordinariamente mermadas pola crise desde 2007”, segundo indica.
Ler máis: O Colexio de Arquitectos de Galicia deseña un Plan de Viabilidade para “garantir” o seu futuro...
- Detalles
-
Categoría: Colexio Arquitectos Galicia
-
Published: Sábado, 24 Novembro 2012 23:00
-
Escrito por Eva
-
Visitas: 589
Xunto ao ex-alcalde de Santiago, recibiron o mesmo galardón o ex-alcalde de Barcelona, Pasqual Maragall, e o actual rexedor de Bilbao, Iñaki Azkuna, nun acto que se celebrou no salón de plenos do Senado baixo a presidencia de Pío García-Escudero, tamén arquitecto
Estévez destaca que é un recoñecemento á cidade, “porque soubo levar adiante unha iniciativa de modernización que sen os cidadáns quedaría reducida a obxectos”
O decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Jorge Duarte, subliña que Estévez foi exemplo do que se debe facer desde as Administracións Públicas, “apostando pola calidade do planeamento urbanístico”
O Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) outorgou a súa Medalla aos ex-alcaldes de Santiago e Barcelona, Xerardo Estévez e Pasqual Maragall, e ao actual rexedor de Bilbao, Iñaki Azkuna, en recoñecemento “polo seu intenso traballo na promoción de políticas públicas de arquitectura na administración local, que impulsaron unha arquitectura de calidade e a participación do proxecto arquitectónico no deseño e na rehabilitación das cidades”. O acto de entrega das Medallas CSCAE 2012 celebrouse o pasado venres en Madrid, no salón de plenos do Senado e baixo a presidencia de Pío García-Escudero, con motivo da celebración da Asemblea Xeral da entidade profesional, á que asistiron representantes de todos os colexios de arquitectos de España.
Ler máis: Xerardo Estévez foi distinguido esta fin de semana coa Medalla do Consello Superior de Arquitectos...