O Colexio de Arquitectos de Galicia colabora nun taller internacional de verán que se celebrará a finais de agosto en Guimarães
- Detalles
- Categoría: Colexio Arquitectos Galicia
- Published: Venres, 15 Xuño 2012 23:00
- Escrito por Eva
- Visitas: 692
O curso ofrece a oportunidade de vivir e contribuír a un proxecto real nesta cidade histórica, Capital da Cultura 2012
Coas conclusións do traballo de investigación desenvolverase un catálogo do patrimonio construído e natural da cidade portuguesa
O prazo de inscrición rematará o próximo 30 de xuño
Os arquitectos Aurora Armental e Stefano Ciurlo, da plataforma de arquitectura City Laboratory, organizan un taller internacional de verán “Caminho da Cidade. Estudos na cidade histórica de Guimarães” entre o 27 de agosto e o 7 de setembro, en colaboración co Colexio de Arquitectos de Galicia, a Câmara Municipal de Guimarães, a Divisão MAPa2012, a Aula de Renovación Urbana e Rehabilitación del Consorcio de Santiago. Este taller ofrece a oportunidade de vivir e contribuír a un proxecto real na cidade histórica e o paisaxe cultural de Guimarães, Cidade Patrimonio da Humanidad pola UNESCO e Capital da Cultura en 2012.