O Colexio de Biólogos de Galicia envía alegacións á Lei de Acompañamento dos Orzamentos que estes días se debate no Parlamento galego
- Detalles
- Categoría: Colexio Biólogos Galicia
- Published: Domingo, 04 Decembro 2011 23:00
- Escrito por Azucena
- Visitas: 879
Consideran que introduce modificacións normativas negativas para estes profesionais e para a protección ambiental de Galicia
Estes días debátese no Parlamento de Galicia o Proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas, coñecida como Lei de Acompañamento dos Orzamentos. Este Proxecto de Lei introduce modificacións normativas en ámbitos relacionados coa actividade profesional dos biólogos e de especial relevancia para a comunidade galega en materia ambiental. Por este motivo, o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) acaba de enviarlle ós Grupos representados na Cámara galega unha serie de alegacións que agarda “que se teñan en conta na tramitación do Proxecto de Lei”.