Unirisco vende o seu 17,86% da firma láctea Innolact aos socios promotores da compañía

operario_webÉ a única empresa galega que fabrica queixo de untar; factura 4 millóns de euros e comercializa os seus produtos en 14 países

Unirisco participa en 9 compañías de biotecnoloxía, ciencias da saúde, nanotecnoloxía, novos materiais e TIC

A sociedade de capital risco Unirisco Galicia vende o seu 17,86% da empresa láctea Innolact aos socios promotores da compañía. Trátase da única firma galega especializada na fabricación de queixo de untar e a cuarta a escala nacional. A operación de desinvestimento supuxo unha Taxa Interna de Rendiblidade (TIR) do 17,67% para Unirisco, impulsada pola Universidade de Santiago e da que forman parte as tres universidades galegas e varias empresas da comunidade.

Ler máis: Unirisco vende o seu 17,86% da firma láctea Innolact aos socios promotores da compañía

Un grupo de investigadores da USC estuda diferentes aplicacións dos residuos da castaña

grupo_lignocelulosicos_webO equipo está a analizar o emprego da casca e do ourizo como adhesivo, antioxidante e absorbente de contaminantes

O Grupo de Aproveitamento de Materiais Lignocelulósicos da Universidade de Santiago, do Departamento de Enxeñaría Química, está a estudar diferentes aplicacións dos residuos da castaña. Concretamente, está a analizar o emprego da casca, aínda que tamén investigarán as potencialidades do ourizo.

Ler máis: Un grupo de investigadores da USC estuda diferentes aplicacións dos residuos da castaña

Investigadores da Escola Politécnica de Lugo buscan as mellores variedades de mazá para relanzar a produción e comercialización da sidra galega

maceira_webA coordinadora do proxecto considera que “a sidra asturiana e vasca deben, en parte, a súa calidade ás mazás galegas” que tradicionalmente se veñen comercializando nestas comunidades

Seleccionar as variedades de mazá de maior calidade, potenciar o seu cultivo, avaliar os consumidores galegos e poñer a punto técnicas de elaboración que permitan obter novas sidras de interese para o mercado. Estes son obxectivos que persegue o proxecto de investigación promovido por un equipo da Escola Politécnica Superior de Lugo, coordinado pola profesora Belén Díaz Hernández.

Ler máis: Investigadores da Escola Politécnica de Lugo buscan as mellores variedades de mazá para relanzar a...

Un estudo da USC analiza as malformacións cavernosas cerebrais para mellorar o tratamento desta doenza, que afecta a unha de cada 200 persoas

equipo_cavernomas_webA enfermidade pode provocar fortes dores de cabeza, ataques epilépticos e ata hemorraxias, nos casos máis graves

Un grupo de investigadores do Departamento de Fisioloxía da USC, na Facultade de Medicina, está a estudar as malformacións cavernosas, co obxectivo de avanzar no coñecemento e tratamento desta doenza, que afecta a unha de cada 200 persoas.

Ler máis: Un estudo da USC analiza as malformacións cavernosas cerebrais para mellorar o tratamento desta...

Un equipo de psicólogos da USC estuda, con carácter pioneiro en España, a evolución da linguaxe en nenos prematuros

equipo_linguaxe_webInvestigan tamén se as características do contorno familiar poden repercutir no seu desenvolvemento

O Grupo de Adquisición da Linguaxe e Trastornos do Desenvolvemento da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago está a estudar a evolución da linguaxe en nenos prematuros. É o primeiro estudo destas características que se leva a cabo en España e conta coa colaboración dos Complexos Hospitalarios da Coruña, Vigo e Ourense, xunto co Centro Materno-Infantil Nosa Señora de Belén da Coruña.

Ler máis: Un equipo de psicólogos da USC estuda, con carácter pioneiro en España, a evolución da linguaxe en...