A USC participa nun proxecto europeo para mellorar o ensino das ciencias en Secundaria

marilar_webO estudo pretende mellorar o interese do estudantado polas disciplinas científicas

Un equipo de investigadores do departamento de Didáctica das Ciencias Experimentais da Universidade de Santiago participa nun proxecto europeo destinado a mellorar o ensino das ciencias e incrementar o interese dos alumnos de Ensino Secundario polas disciplinas científicas. Con tal fin, están a desenvolver unha serie de materiais pedagóxicos dirixidos aos docentes, en particular aos de Secundaria. O proxecto, liderado por Noruega, está integrado por un total de 25 institucións académicas de 15 países. En España, a coordinadora do proxecto é a profesora da USC Mª Pilar Jiménez Aleixandre.

Ler máis: A USC participa nun proxecto europeo para mellorar o ensino das ciencias en Secundaria

O Grupo de Sistemas Intelixentes traballa no desenvolvemento de robots que se poidan usar como guía en museos e eventos

equipo_robotica_webO profesor Roberto Iglesias participa na investigación, que ten por obxecto a integración da robótica en usos cotiás

O equipo de robótica do Grupo de Sistemas Intelixentes da Universidade de Santiago está a traballar no desenvolvemento de robots que sirvan de guías en museos e eventos e que teñan un custo limitado. Na iniciativa participa tamén o Centro de Investigación en Sistemas Intelixentes do Reino Unido e colaboran expertos da Universidade de Keele (Reino Unido) e da Universidade de Alcalá de Henares, ademais de profesores de ensino secundario de Galicia.

Ler máis: O Grupo de Sistemas Intelixentes traballa no desenvolvemento de robots que se poidan usar como...

Investigadores da USC están a avaliar os riscos para a saúde humana de toxinas mariñas propias das augas temperadas e tropicais presentes nas costas europeas

farmacologia_veterinaria_webInvestigadores do Departamento de Farmacoloxía da Facultade de Veterinaria da USC está a avaliar os perigos que poden ter para a saúde humana as toxinas mariñas presentes nas costas europeas, algunhas delas propias de augas temperadas. O proxecto, que se iniciou a principios de 2010, ten unha duración de tres anos e está financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación. Cos datos que se obteñan, o equipo realizará unha avaliación do risco real que supoñen estas toxinas para os consumidores en Europa.

Ler máis: Investigadores da USC están a avaliar os riscos para a saúde humana de toxinas mariñas propias das...

O grupo Nanobiofar alcanza resultados esperanzadores na busca de tratamentos para a síndrome do ollo seco

equipo_alejandro_sanchez_webOs últimos traballos dos investigadores do grupo Nanobiofar (Nanotecnoloxías aplicadas ao deseño de sistemas de liberación de fármacos) están a acadar resultados destacados no tratamento da síndrome do ollo seco utilizando terapia xénica e mediante o desenvolvemento de nanomedicinas de administración ocular.

Ler máis: O grupo Nanobiofar alcanza resultados esperanzadores na busca de tratamentos para a síndrome do...

O Grupo de I+D de Fármacos traballa na modificación da estrutura de compostos naturais para mellorar a súa acción terapéutica

equipo_polifenois_webOs novos compostos sintetizados posúen propiedades cardioprotectoras e neuroprotectoras, abrindo novas vías de tratamento para o Párkinson, Alzheimer ou a depresión

O Grupo de I+D de Fármacos da USC está a desenvolver compostos con propiedades cardioprotectoras e neuroprotectoras, a través dunha liña de investigación que desenvolve en colaboración co Departamento de Farmacoloxía da USC. O coordinador do proxecto, o profesor Eugenio Uriarte xunto coa profesora Lourdes Santana, explica que o traballo se centra na síntese de polifenois, un tipo de substancias presentes habitualmente en boa parte das froitas, verduras e no viño tinto. O organismo absórbeas e pasan a formar parte do sangue aumentado a capacidade antioxidante. Deste xeito, as células vense beneficiadas pola acción destas substancias que reteñen o impacto dos radicais libres, resultado da oxidación celular.

Ler máis: O Grupo de I+D de Fármacos traballa na modificación da estrutura de compostos naturais para...