Investigadores da USC avanzan na busca dun tratamento que bloquee o proceso de dexeneración neuronal causante do Parkinson

neuronas_web

Tratan de descubrir se a anxiotensina, unha hormona coñecida polo seu papel no control da presión arterial, inflúe tamén na destrución das neuronas.

O Grupo de Neurobioloxía Molecular e Celular da Enfermidade de Parkinson da Universidade de Santiago está a desenvolver diferentes liñas de investigación destinadas a avanzar no coñecemento e tratamento desta doenza. Unha destas liñas céntrase na identificación dos mecanismos implicados na progresión da dexeneración neuronal, causante de enfermidades neurodexenerativas como o Parkinson ou o Alzheimer.

 

Ler máis: Investigadores da USC avanzan na busca dun tratamento que bloquee o proceso de dexeneración...

Un equipo de físicos da Universidade de Santiago estuda como o clima dunha estación inflúe nas seguintes

mapa_webEmpregan un modelo novidoso para determinar a repercusión das augas do subsolo e dos ríos no clima

Un equipo de investigadores da Facultade de Física da Universidade de Santiago está a realizar simulacións climáticas na Península Ibérica. Empregan un modelo hidrolóxico-atmosférico innovador, xa que ten en conta por primeira vez a influencia das augas presentes no subsolo sobre o clima.

 

Ler máis: Un equipo de físicos da Universidade de Santiago estuda como o clima dunha estación inflúe nas...

Investigadores da Universidade de Santiago descobren en Galicia novas especies de bacterias con potencial patóxeno para a ameixa

equipo_Romalde_vlcUn equipo de investigadores da Universidade de Santiago, especializado nas patoloxías que afectan á acuicultura, está a estudar unha serie de bacterias con potencial patóxeno para a ameixa. Colaboran con diferentes confrarías galegas, que lles proporcionan mostras de ameixa fina e xaponesa, procedentes de diversos bancos de cultivo de toda a comunidade.

 

Ler máis: Investigadores da Universidade de Santiago descobren en Galicia novas especies de bacterias con...

Investigadores da USC empregan un método novidoso baseado no estudo da cor para detectar, de xeito precoz, e cuantificar o “verdín” presente nas construcións graníticas

tuno

Evítase a recollida de mostras nos edificios, xa que os estudos se poden facer de maneira directa, o cal resulta de interese para a protección do patrimonio.

O Grupo de Estudos Ambientais Aplicados ao Patrimonio da Universidade de Santiago traballa no desenvolvemento de novas técnicas non destrutivas que permiten cuantificar e estudar a evolución da colonización biolóxica sobre as construcións graníticas. Trátase dun equipo interdisciplinar, integrado por biólogos, químicos, físicos e expertos en patrimonio. Colaboran neste proxecto con investigadores da Universidade de Alacante e da Politécnica de Cataluña.

Investigadores da USC estudan o emprego de ansiolíticos e antidepresivos para diminuír os efectos negativos de certas enfermidades

equipoGarabal_vlc

O Laboratorio de Estrés e Neuroinmunoloxía da Universidade de Santiago traballa no estudo da resposta biolóxica do estrés, así como no deseño de estratexias preventivas e terapéuticas destinadas a combater os seus efectos adversos.

Ler máis: Investigadores da USC estudan o emprego de ansiolíticos e antidepresivos para diminuír os efectos...