O economista e xeógrafo Juan Requejo falará de planeamento, individuo e sociedade mañá venres

O conferenciante sostén que un plan xeral debe provocar unha “catarse” na comunidade local

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia e o Concello de Noia continúan coas xornadas Planeando: Plan Xeral de Ordenación Municipal de Noia. Máñá venres, ás sete da tarde na casa da cultura, intervirá Juan Requejo debido a cambios de programa de última hora. Requejo (Valladolid, 1955) é economista, xeógrafo e consultor de planificación territorial; na actualidade asesora ao goberno andaluz en materia de cascos históricos, e vén a Noia para ofrecer unha charla sobre planeamento, individuo e sociedade.

Ler máis: O economista e xeógrafo Juan Requejo falará de planeamento, individuo e sociedade mañá venres

O Colexio de Arquitectos de Santiago e o Concello de Noia organizan unhas xornadas arredor do Plan Xeral de Ordenación Municipal

Celebraranse en setembro e outubro na casa da cultura de Noia e participarán seis acreditados profesionais

Hai 70 prazas, a inscrición é gratuíta e pode formalizarse dende o 26 de agosto na web colexial www.coag.es

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia e o Concello de Noia organizan en setembro e outubro unhas xornadas divulgativas baixo o título de Planeando: Plan Xeral de Ordenación Municipal de Noia. Serán catro sesións, tres conferencias e unha charla-coloquio, “de carácter didáctico e entretidas”, segundo subliña o programa, co fin de incentivar a participación de persoas sen relación profesional co urbanismo ou a planificación, polo que están dirixidas aos cidadáns en xeral, aínda que tamén a técnicos implicados en temas urbanísticos e do hábitat.

Ler máis: O Colexio de Arquitectos de Santiago e o Concello de Noia organizan unhas xornadas arredor do Plan...

O profesor Albert Cuchí ofrecerá o luns unha conferencia sobre a estratexia verde para Santiago no Ateneo

cuchiAbordarase a recuperación das Brañas do Sar a través dunha xestión sustentable, que transformará o modelo urbano e descubrirá unha auténtica “catedral de auga” na cidade

O Ateneo de Santiago, en colaboración coa Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos, ofrecerá o próximo luns, 28 de xaneiro, a conferencia “Unha estratexia verde para Santiago”, dirixida polo doutor arquitecto e profesor do Departamento de Construcións Arquitectónicas da Universidade Politécnica de Cataluña (UPC), Albert Cuchí. O acto, que se celebrará no Ateneo (rúa do Vilar, 19) ás 20:00 horas, estará presentado polo decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Jorge Duarte, e contará coa presenza da presidenta da delegación compostelá, Ana Domínguez Laíño.

 

Ler máis: O profesor Albert Cuchí ofrecerá o luns unha conferencia sobre a estratexia verde para Santiago no...

O Colexio de Arquitectos rexeita que se avance no deseño da estación intermodal do AVE sen contar co proxecto gañador de Juan Herreros

Juan_HerrerosO Colexio de Arquitectos de Galicia rexeita que as Administracións Públicas avancen no deseño da estación intermodal do AVE en Santiago sen contar co proxecto gañador de Juan Herreros, proposta elixida a través do Concurso Internacional de Ideas que fora convocado polo Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), dependente do Ministerio de Fomento.

Ler máis: O Colexio de Arquitectos rexeita que se avance no deseño da estación intermodal do AVE sen contar...

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos pide ao Concello a paralización do proceso de concesión da cafetería da Alameda

alamedaA entidade considera que a mellor fórmula é o concurso de proxectos arquitectónicos

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia reclama ao Concello de Santiago que a intervención do bar-cafetería da Alameda se faga a través dun concurso de proxectos arquitectónicos e solicita á Administración local a paralización do proceso de concesión. O Concello de Santiago decidiu ceder a explotación da cafetería por medio dunha concesión administrativa de uso privativo de bens de dominio público, onde o concesionario gañador será o responsable de redactar o proxecto arquitectónico.

Ler máis: A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos pide ao Concello a paralización do proceso de...