Un equipo de biólogos da Universidade de Santiago descobre unha nova especie de percebe en Cabo Verde

Bautizárona como Pollicipes darwini, en honor a Darwin, pola súa dedicación a estes crustáceos e por ser quen describiu as tres especies coñecidas ata o momento.

Pollicipes_darwini_webUn equipo de investigadores do Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade de Santiago traballa dende hai anos na xenética dos percebes. Entre os proxectos desenvoltos neste eido destaca un centrado no estudo da diversidade xenética deste crustáceo, comunmente distribuído entre o norte de Europa e Canarias. Foi no transcurso desta investigación cando descubriron unha nova especie nas illas de Cabo Verde.

Ler máis: Un equipo de biólogos da Universidade de Santiago descobre unha nova especie de percebe en Cabo...

Uninvest, sociedade impulsada pola Universidade de Santiago, vende o seu 17,91% de IOT á compañía estadounidense Younger Optics, un dos grupos líderes na industria óptica a escala mundial

carlos__hernandez_webA operación supuxo unha Taxa Interna de Rendibilidade do 104,33% para I+D Unifondo, o fondo de capital risco que xestiona Uninvest

Uninvest é unha Sociedade Xestora de Entidades de Capital Risco que busca potenciar a transferencia de coñecemento dende a Universidade e centros públicos de investigación á sociedade a través da creación de empresas. Nace no ano 2005 como unha iniciativa de UNIRISCO (a sociedade de capital risco impulsada pola Universidade de Santiago e da que forman parte as tres universidades galegas e varias empresas da comunidade), trece universidades españolas e ENISA (Empresa Nacional de Innovación, firma de capital público adscrita ao Ministerio de Industria).

 

Ler máis: Uninvest, sociedade impulsada pola Universidade de Santiago, vende o seu 17,91% de IOT á compañía...

Investigadores da Universidade de Santiago colaboran coa produtora galega Continental na creación dun videoxogo para a consola Wii

equipoIIT_webBaséase na intelixencia emocional das persoas, é dicir, na capacidade para recoñecer sentimentos e manexalos

Un equipo do Laboratorio de Sistemas da Universidade de Santiago, integrado no Instituto de Investigacións Tecnolóxicas, traballa dende hai anos no campo da computación gráfica. O grupo, denominado MAR -Multimedia, Animación e Realidade Virtual-, está integrado por informáticos e físicos electrónicos, especializados en programación e multimedia. Ademais da investigación, tamén colaboran con empresas no desenvolvemento de tecnoloxía neste eido.

 

Ler máis: Investigadores da Universidade de Santiago colaboran coa produtora galega Continental na creación...

Investigadores da Universidade de Santiago están a desenvolver un sistema para detectar en tempo real os vertidos de petróleo no mar

Equipo-de-investigacin-do-Céntranse nos pequenos vertidos causados pola limpeza dos tanques dos buques, máis difíciles de descubrir

Un equipo de investigadores do Laboratorio de Sistemas da Universidade de Santiago traballa na análise e interpretación de imaxes de satélite a través de técnicas de intelixencia artificial. En particular, centran a súa aplicación na detección de contaminantes no medio mariño. O proxecto está coordinado polo profesor do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da USC José Manuel Cotos Yáñez e conta coa participación dun equipo da Universidade da Coruña dirixido por José Carlos Dafonte Vázquez. Está financiado polo Plan Galego de I+D+i.

 

Ler máis: Investigadores da Universidade de Santiago están a desenvolver un sistema para detectar en tempo...

Investigadores da USC logran que animais de laboratorio coman menos e perdan peso controlando de xeito selectivo os enzimas que fabrican e oxidan graxas no hipotálamo

equipo_biomedicas_webEstudan os mecanismos fisiolóxicos que regulan a inxesta de alimentos, na procura de fármacos que permitan loitar contra a obesidade

O Grupo de Investigacións Biomédicas da Universidade de Santiago (USC), que dirixe o Doutor Carlos Diéguez González, leva máis de quince anos traballando no estudo da obesidade. Na actualidade estanse a centrar nos mecanismos fisiolóxicos que regulan a inxesta de alimentos, en concreto nunha rexión do encéfalo denominada hipotálamo. O proxecto está coordinado polos Doutores Miguel A. López Pérez e Rubén Nogueiras Pozo.

 

Ler máis: Investigadores da USC logran que animais de laboratorio coman menos e perdan peso controlando de...