Unha investigadora da USC constata que o hábito de fumar transmítese de pais a fillos

maria_loureiro_webO estudo da profesora María Loureiro García revela tamén a transmisión da adición segundo o xénero, os nenos imitan aos pais e as nenas ás nais

Existe unha relación causal entre o hábito de fumar dos pais e o dos fillos. Esta é a principal conclusión dun estudo levado a cabo pola investigadora da Universidade de Santiago María Loureiro García. Así se recolle nun artigo publicado recentemente no Boletín de Economía e Estatística da Universidade de Oxford, Oxford Bulletin of Economics and Statistics, por parte da profesora do Departamento de Fundamentos da Análise Económica da USC, en colaboración con investigadoras da Universidade Autónoma de Barcelona e da Universidade de Roma Tor Vergata.

Ler máis: Unha investigadora da USC constata que o hábito de fumar transmítese de pais a fillos

Edafólogos da USC están elaborando un mapa dixital sobre o contido de carbono dos solos da cornixa cantábrica

equipo_carbono_web

Os solos teñen capacidade para fixar carbono, co que contribúen a mitigar o exceso de CO2 na atmosfera

“Tendo en conta que o dióxido de carbono é o principal gas de efecto invernadoiro, as políticas de reforestación, sobre todo en rexións climáticas de elevada produtividade, contribúen a reducir os efectos sobre o cambio climático mediante a fixación de carbono do aire, transformándoo en materia orgánica da biomasa vexetal e do solo forestal”. A catedrática de Edafoloxía da USC Rosa Mª Calvo explicaba deste xeito a importancia de estudar o contido de carbono nos solos, tema arredor do que está a traballar un equipo do Departamento de Edafoloxía da Universidade compostelá que ela mesma coordina.

Ler máis: Edafólogos da USC están elaborando un mapa dixital sobre o contido de carbono dos solos da cornixa...

O Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos da USC patenta un método baseado na bioloxía molecular para a realización de controis alimentarios

LHICA_webO Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos da USC (LHICA) acaba de patentar un método baseado na bioloxía molecular que poderá utilizarse na realización de controis alimentarios. Concretamente, este grupo está a traballar no deseño de sistemas que permitan diferenciar carnes e outros alimentos ecolóxicos dos obtidos de xeito convencional.

 

Ler máis: O Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos da USC patenta un método baseado na...

Expertos da USC estudan a mediación como vía para diminuír o número de vítimas por violencia de xénero

raquel_castillejo_webExpertos en dereito penal e procesal, así como psicólogos conforman un equipo de investigación que está a estudar a mediación como unha das posibles solucións que se poden arbitrar en relación á violencia de xénero. A coordinadora do proxecto, a catedrática Raquel Castillejo, explica que “a Lei Integral contra a Violencia de Xénero, sendo boa, falla en varios aspectos”, de xeito que o grupo que coordina pretende atopar os problemas derivados da súa aplicación e achegar solucións. Nesta liña, a investigadora pon de manifesto que cada ano morren máis mulleres e que, a pesar de que o Goberno pide que tanto as vítimas como as testemuñas denuncien, cada vez hai menos denuncias.

 

Ler máis: Expertos da USC estudan a mediación como vía para diminuír o número de vítimas por violencia de...

Investigan as propiedades antioxidantes dos viños brancos galegos

equipo_LIDSA_webOs polifenois son un dos motivos polos que o consumo moderado de viño pode resultar moi beneficioso para a saúde. Con este argumento, investigadores da USC están a desenvolver un estudo sobre a actividade antioxidante dos viños brancos galegos, a través dun proxecto que financia o Plan Galego de I+D+i coa colaboración de bodegas das cinco denominacións de orixe galegas.

 

Ler máis: Investigan as propiedades antioxidantes dos viños brancos galegos