Cancións populares galegas e habaneiras protagonizan mañá o certame de corais

Participan tres corais de Santiago, Alfaia, Irmán Gómez e Castrosúa,  e unha cuarta agrupación invitada, o Coro Traíña de Cariño

A compañía de títeres máis antiga de Galicia, Monicreques de Kukas, fará rir aos máis pequenos mañá no Toural

A xornada de hoxe nas Festas da Ascensión estivo protagonizada pola Festa para os nosos maiores, onde 2.000 persoas fieis á cita compartiron un xantar en Amio. Contaron coa animación de cabezudos e a música da orquestra Magos de España.

Ler máis: Cancións populares galegas e habaneiras protagonizan mañá o certame de corais

A décimoterceira Festa dos nosos maiores reunirá a 2.000 persoas no recinto feiral de Amio

TramaturgiaO xantar estará amenizado pola orquestra Magos de España

Esta noite doble sesión musical, ás 22:00 horas Sistem no Campus Vida, e ás 23:00 horas Leilía na praza do Toural


Despois de pasar unha noite musical da man de Chenoa, o terceiro día da Ascesión preséntase moi activo coa primeira fase do campionato de chave e varias propostas musicais. Esta tarde, ás 20:00 horas, dará comezo a trixéximo quinta edición do campionato de chave que enfrontará a varias parellas polo trofeo final no Paseo da Alameda. Outra das opcións de ocio chega cargada de humor, coa final de Nosolomonólogos que se celebrará no Teatro Principal a partir das 21:00 horas.

A cantante Chenoa animará coa súa música a noite do xoves da Ascención en Santiago, nun concerto gratuíto no Campus Vida

rolda_1.6.11_web

O tradicional concurso cabalar reunirá a máis de 20.000 persoas e a ganderías de toda Galicia

A americana Devil Doll, introdutora do “burslesque” no rock, actuará ás 24:00 horas na Praza do Toural

O concelleiro de Festas en funcións de Santiago, Xosé Baqueiro, presentou esta mañá en rolda de prensa os actos centrais do Día da Ascensión. Estivo acompañado por Xacobe Pérez Paz, coordinador e fundador da Asociación Pura Raza Cabalo Galego, quen informou sobre o programa da Feira Cabalar, que, como xa é habitual nestas datas, celébrase no Mercado Nacional de Gando de Santiago, en Amio.

Ler máis: A cantante Chenoa animará coa súa música a noite do xoves da Ascención en Santiago, nun concerto...

O mellor espectáculo de percusión de Europa aterriza mañá en Santiago, da man do grupo Sistem [Campus Vida, 22:00 horas]

SistemA feira cabalar de Amio supera as expectativas con máis de 20.000 asistentes e 441 cabezas de gando

Esta noite as familias ao completo gozarán co concerto de Chenoa, a partir das 22:00 horas no Campus Vida


As Festas da Ascensión comezaron onte por todo o alto cun concerto multitudinario no Campus Vida, con Di Elas e Novedades Carminha como protagonistas. E hoxe, no día grande das festas e festivo na cidade e arredores, celebrouse o Concurso Cabalar Ascensión 2011 no Mercado Nacional de Gando de Santiago, en Amio. Segundo o fundador e coordinador da Asociación Pura Raza Cabalo Galego, Xacobe Pérez Paz, a feira e o concurso contaron cunha alta participación, máis de 20.000 persoas que aproveitaron o bo tempo da mañá para achegarse ata o recinto feiral. Tamén recibiu o apoio institucional do alcalde en funcións de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; o concelleiro de Sanidade, Consumo e Mercados, Andrés Fariña; e o concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro.

As Festas da Ascensión comezan mañá mércores co concerto gratuíto da banda de Luis Tosar, Di Elas, no Campus Vida

Di_ElasO arranque das festas continúa no campus coa actuación do grupo compostelán Novedades Carminha, e no Toural coa música negra de Rico McClarin & Marcos Coll Band

As Festas da Ascensión comezan mañá mércores cun programa composto por máis de 50 actuacións musicais distribuídas ao longo de cinco xornadas (1-5 de xuño), ademais de charangas e pasarrúas, actividades tradicionais de folclore, deporte e as novas prácticas urbanas relacionadas co skate. “Son as festas máis compostelás, cun programa pensado para o goce das familias en conxunto. Haberá catro escenarios principais –Campus Vida, Alameda, rúas do casco histórico e a praza de Cervantes ” –explica o concelleiro de Festas en funcións de Santiago, Xosé Baqueiro.