O Día das Letras Galegas vivirase con música tradicional nas festas de Compostela

cartaz-maio-das-letrasEsta tarde un grupo de catro corais interpretarán varias composicións galegas, habaneiras ou mesmo con ritmos africanos a partir das 19:00 horas no Toural

Javier Ascanio Baso e Lorena Raña Fuentes foron os gañadores da IV Carreira Popular Solidaria Área Empresarial do Tambre

O campionato de skate e a competición de chave, celebrados onte no Campus e na Alameda durante toda a xornada, derón paso aos concertos de hip hop que ocuparon a parte musical do sábado da Ascensión. Interpretaron os seus temas os grupos Tramaturgia, 504, Kultama e Hermano L ata ben entrada a madrugada. Pero no quinto día das festas, as actividades continúan desde ben cedo pola mañá coa IV Carreira Solidaria Polígono do Tambre, Fundación Compostela Deporte e a Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre. O día comezou  ás 10:30 horas coas probas para adultos, menores de 12 anos e para discapacitados físicos, psíquicos ou sensoriais que tiveron a oportunidade de competir camiñando. Todos os cartos recadados coas inscricións serán entregados a Proxecto Home e Cociña Económica.

 

Ler máis: O Día das Letras Galegas vivirase con música tradicional nas festas de Compostela

As corais de Compostela e o teatro de títeres entreterán a grandes e pequenos no domingo da Ascensión

Coral-Casino-Mugards

Esta noite terá lugar o concerto de hip hop no Campus Sur, dentro do certame Compostela Skate

Na mañá do domingo celebrarase a tradicional Carreira Solidaria do Polígono do Tambre

Na noite de onte viviuse un dos momentos máis agardados destas Festas da Ascensión coa actuación no Campus Sur dalgúns dos grupos máis destacados do panorama pop español. O son de Dirty Socks, Jonston, Arizona Baby, Niños Mutantes e Sidonie fixo vibrar e saltar á xuventude ata ben entrada a madrugada. E despois desta festa de música e baile dirixida aos máis novos, tócalle a quenda de disfrute aos maiores, os cales gozarán este mediodía do habitual xantar que o Concello organiza para eles no recinto feiral de Amio. Trala comida, a orquestra Superfama será a encargada de amenizar a xornada aos nosos maiores

Ler máis: As corais de Compostela e o teatro de títeres entreterán a grandes e pequenos no domingo da...

O pop volve a Santiago da man de cinco grupos encabezados por Sidonie e Niños Mutantes

RaekwonO rapeiro estadounidense Raekwon presenta mañá os seus temas na Capitol ás 22:00 horas

Esta noite a cita está no Campus con Efecto mariposa, Georgina e Sinestesia, ás 22:00 horas


As Festas da Ascensión continúan hoxe despois de vivir onte unha noite con moita xente polas rúas e no Campus, onde a xuventude gozou e vibrou coa música desenfreada de Emir Kusturica and The No Smoking Orchestra. Esta mañá celebrouse o Concurso Cabalar Ascensión 2010, que segundo  o coordinador da Asociación Pura Raza Cabalo Galego, Xacobe Pérez Paz, contou cunha alta participación, aproximadamente 15.000 persoas que aproveitaron o tempo despexado da mañá para achegarse ata Amio. Tamén recibiu o apoio institucional do alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; o concelleiro de Sanidade, Consumo e Mercados, Andrés Fariña; o concelleiro de  Deporte, Bernardino Rama; e o concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro.

Un total de 2.000 maiores reuniranse mañá en Amio nun xantar con animación de orquestra incluída

 

SidonieO segundo campionato Compostela Skate con exhibicións de profesionais e a entrega de premios, mañá na Alameda

Esta noite o festival Pop na Ascesión comezará ás 22:00 horas cos teloneiros Dirty Soks, seguidos de Jonston, Arizona Baby, Niños Mutantes e Sidonie, no Campus

Ler máis: Un total de 2.000 maiores reuniranse mañá en Amio nun xantar con animación de orquestra incluída

O rock-documental “Rock N’ Micro” pretende amosarlle aos cativos a historia da música do século XX

CartelO espectáculo, dirixido a toda a familia, conxuga teatro, danza, circo e cómic

O concelleiro de Festas de Santiago de Compostela, Xosé Baqueiro, presentou esta mañá o espectáculo Rock n’ Micro que terá lugar na xornada do venres  ás 18:00 horas no Teatro Principal e que será de balde. Trátase dunha proposta de teatro musical dirixida a toda a familia, desde os máis pequenos ata os máis maiores, onde se fai un percorrido pola historia dos estilos musicais do século XX. No acto, Baqueiro estivo acompañado polo director musical da obra, Carlos Arévalo  (membro do grupo galego La Banda D’Nash), polo director da creación, Alonso de La Cantera e pola guionista da función, Annie Sánchez.

Ler máis: O rock-documental “Rock N’ Micro” pretende amosarlle aos cativos a historia da música do século XX