Os premios COAG de Arquitectura pechan a súa convocatoria con 193 propostas

coagNesta décimo quinta edición os aspirantes compiten en nove categorías: vivenda, equipamento, espazos abertos públicos, ordenación do territorio, reforma interior, divulgación e investigación, obra novel, final de carreira e premio especial

  • O fallo do xurado darase a coñecer na gala de entrega de premios, que se celebrará a finais de xaneiro

  • As propostas presentáronse de forma telemática a través da web colexial www.coag.es

O Colexio de Arquitectos de Galicia pechou o venres, 9 de novembro, o prazo de presentación das propostas para participar na décimo quinta edición dos Premios COAG de Arquitectura. Esta distinción outorgarase a obras de arquitectura visadas e executadas no ámbito territorial do Colexio de Arquitectos. As obras presentadas a concurso teñen que estar totalmente acabadas entre o 31 de xullo de 2010 e o 31 de xullo de 2012.

Ler máis: Os premios COAG de Arquitectura pechan a súa convocatoria con 193 propostas

O Colexio de Arquitectos de Galicia imparte un curso formativo sobre inspeccións técnicas para garantizar a seguridade e o estado de conservación dos edificios

iteO decano do Colexio de Arquitectos pide unha ordenanza autonómica e axudas para mellorar a estrutura e a eficiencia enerxética dos fogares con dificultades económicas

O Colexio de Arquitectos de Galicia inaugurou hoxe na súa sede da Casa da Conga de Santiago un curso formativo sobre a “Inspección Técnica de Edificios (ITE)”. No acto de apertura estiveron presentes o decano do Colexio de Arquitectos de Galicia, Jorge Duarte; a concelleira de Urbanismo de Santiago, María Pardo; e a presidenta da Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia, Ana Domínguez Laíño. Este curso é o primeiro módulo dunha serie de tres sesións sobre a inspección das estruturas de formigón e os pechamentos e a inspección das estruturas de madeira, fábrica e das instalacións.

Ler máis: O Colexio de Arquitectos de Galicia imparte un curso formativo sobre inspeccións técnicas para...

Confemadera Galicia y el Colegio de Arquitectos profundizan en el conocimiento de los productos de madera desarrollados en Galicia

confemaderaEl presidente del Colegio de Arquitectos de Galicia, Jorge Duarte, y el presidente de Confemadera Galicia, Elier Ojea, firmaron un convenio de colaboración por el que la patronal gallega de la industria de la madera y el hábitat promoverá el conocimiento de los productos de madera entre los arquitectos gallegos.

Ler máis: Confemadera Galicia y el Colegio de Arquitectos profundizan en el conocimiento de los productos de...

Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso presentan mañá no Colexio de Arquitectos de Galicia unha publicación sobre a obra de reurbanización de San Clemente

PortadaÉ un libro que recolle de forma sinxela o proceso de proxecto e obra, cun prólogo de Manuel Gallego Jorreto

O acto celebrarase ás 19:30 horas e contará coa presenza do decano do Colexio de Arquitectos e o alcalde de Santiago

O estudio de arquitectura compostelá Abalo Alonso Arquitectos presenta mañá na sede do Colexio de Arquitectos de Galicia (Casa da Conga. Praza da Quintana, 3) a publicación “Reurbanización del espacio público de San Clemente en Santiago de Compostela”. A cita será ás 19:30 horas e contará coa presenza do decano do Colexio de Arquitectos, Jorge Duarte; o alcalde do Concello de Santiago, Ángel Currás; e os arquitectos Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso.

Ler máis: Elizabeth Abalo e Gonzalo Alonso presentan mañá no Colexio de Arquitectos de Galicia unha...

O arquitecto gañador do concurso de ideas da estación intermodal de Santiago falará mañá en Compostela sobre proxectos que fan cidade

Juan_HerrerosSerá no Centro Cultural Novacaixagalicia ás 19:30 horas

Forma parte do ciclo de conferencias do programa Xentes, espazos e lugares, promovido polo Colexio de Arquitectos de Galicia e a asistencia é libre

Juan Herreros, que aposta por conservar a marquesiña actual pola seu “valor e beleza”, afirma que o seu proxecto, “de versatilidade notable”, permitirá incluír a reserva natural das Brañas de Sar e a Cidade da Cultura no mapa urbano cotián

O Colexio de Arquitectos de Galicia pecha mañá venres, 26 de outubro, en Santiago o primeiro ciclo de conferencias de Xentes, espazos e lugares, un programa de actividades vencellado ao Proxecto Terra co que se pretende implicar á sociedade galega no coñecemento do territorio e a realidade urbana. O arquitecto Juan Herreros ofrecerá unha conferencia, ás 19:30 horas no Centro Cultural Novacaixagalicia de Santiago (rúa do Vilar, 19), titulada “Proxectos que fan cidade”. O acto será presentado polo decano do Colexio de Arquitectos, Jorge Duarte.

Ler máis: O arquitecto gañador do concurso de ideas da estación intermodal de Santiago falará mañá en...