O arquitecto gañador do concurso de ideas da estación intermodal de Santiago falará mañá en Compostela sobre proxectos que fan cidade
- Detalles
- Categoría: Colexio Arquitectos Galicia
- Published: Xoves, 25 Outubro 2012 16:41
- Visitas: 678
Será no Centro Cultural Novacaixagalicia ás 19:30 horas
Forma parte do ciclo de conferencias do programa Xentes, espazos e lugares, promovido polo Colexio de Arquitectos de Galicia e a asistencia é libre
Juan Herreros, que aposta por conservar a marquesiña actual pola seu “valor e beleza”, afirma que o seu proxecto, “de versatilidade notable”, permitirá incluír a reserva natural das Brañas de Sar e a Cidade da Cultura no mapa urbano cotián
O Colexio de Arquitectos de Galicia pecha mañá venres, 26 de outubro, en Santiago o primeiro ciclo de conferencias de Xentes, espazos e lugares, un programa de actividades vencellado ao Proxecto Terra co que se pretende implicar á sociedade galega no coñecemento do territorio e a realidade urbana. O arquitecto Juan Herreros ofrecerá unha conferencia, ás 19:30 horas no Centro Cultural Novacaixagalicia de Santiago (rúa do Vilar, 19), titulada “Proxectos que fan cidade”. O acto será presentado polo decano do Colexio de Arquitectos, Jorge Duarte.
O estudio madrileño Herreros Arquitectos, dirixido por Juan Herreros, realiza proxectos que inciden de xeito importante na transformación dunha cidade de tamaño medio. Na súa intervención, Herreros difundirá a mensaxe de que actualmente a arquitectura debe ser concibida máis ca nunca polos cidadáns como “un instrumento de diálogo con todos los agentes implicados”, cuxa responsabilidade é a construción de lugares que se inscriban na vida da cidade “sin elitismos”. Para desenvolver esta idea central do relatorio, Herreros falará dalgúns dos seus proxectos gañadores de concursos internacionais en proceso de creación, como o Museo Munch de Oslo, o Centro de Convenciones en Bogotá e, naturalmente, a estación intermodal de Santiago.
En relación ao proxecto compostelán, Herreros explica que se trata dunha proposta que ofrece unha imaxe de modernidade e innovación tecnolóxica, pero sen caer innecesariamente na complexidade. En relación á construción, o arquitecto apunta que podería converterse nunha contorna de gran beleza, en parte polo seu compromiso coa cultura mediambiental que a pode facer “modélica entre las de su especie”. A pesar de ser unha obra de gran envergadura, o proxecto contén unha certa simplicidade que axudará a que sexa máis breve do habitual, sen causar cortes no tráfico ferroviario.
Recentemente, a Xunta de Galicia, o Ministerio de Fomento e o Concello de Santiago acordaron retomar a idea da súa construción, pero abaratando os custos de execución. Para Herreros, o proxecto ofrece unha versatilidade notable, pois apenas toca o chan: “Entendemos que los tiempos que vivimos hoy sugieren una reducción notable de la inversión y una simplificación de sus ambiciones. Estamos dispuestos a dar respuesta a esta realidad sin mermar la calidad urbana, arquitectónica y de imagen de la ciudad del proyecto que obtuvo la máxima puntuación del concurso. Para hacerlo, hay que sentarse para jerarquizar y dar forma a las prioridades y a las renuncias, algo en lo que tenemos experiencia y sabemos muy bien cuánto exige escuchar a todas las partes trabajando en equipo” –afirmou–.
Unha estación que axude a “resolver” a ruptura con Brañas do Sar e a Cidade da Cultura
O proxecto da estación intermodal pode constituír un binomio perfecto para visitantes e habitantes da cidade, tal como indica o lema do proxecto, “Plaza-Balcón-Puerta”. Os visitantes poderán descubrir a cidade, e pola súa parte, os propios habitantes poderán incluír a reserva natural das Brañas de Sar e a Cidade da Cultura no seu mapa cotiá.
Nesta liña, Herreros asegura que a estación axudará a resolver completamente a ruptura da urbe con Brañas de Sar e a Cidade da Cultura. “La dislocación entre la ciudad y su entorno es violenta por el desnivel, lo que permite que la reserva ecológica haya permanecido a las puertas de la ciudad, conservada en su integridad por inaccesible. Es el momento de explotar esta condición única y convertirla en un valor patrimonial tan importante como el Casco Histórico en un diálogo entre ciudad y naturaleza, que la mayoría de las ciudades españolas han perdido irremediablemente” –sinala–. Por este motivo, o proxecto foi considerado polo concello de París como referencia para as estacións periféricas coa mesma casuística.
Unha das cuestións máis comentadas na urbe foi a posibilidade de conservar a marquesiña e os edificios actuais da estación. Para Herreros a marquesiña da estación é de gran beleza, pero as súas dimensións non on acordes coas lonxitudes e anchuras dos andéis da alta velocidade, pero recoñece que sería “un drama perder una pieza constructiva de tal valor”. O seu proxecto propoñía o seu traslado ao Parque das Brañas para converter a marquesiña nun pavillón-invernadoiro de uso cidadán, como acontece nos Kew Gardens de Londres ou o Palacio de Cristal do Retiro de Madrid.
Juan Herreros, director do estudio Herreros Arquitectos, é doutor en Arquitectura, catedrático e director do Programa de Tese na Escola de Arquitectura de Madrid, ademais de profesor na Universidade de Columbia (Nova York). Tamén impartiu clases na EPFL (Laussane), a Architecture Association (Londres), SOA en Princeton e ITT en Chicago. Os seus intereses diríxense tanto á práctica profesional como á educación e investigación. Nos seus proxectos recentes Herreros amósase moi consciente da necesidade de desenvolver estratexias xerais de sustentabilidade nas urbes.
Xentes, espazos e lugares é un programa do Colexio de Arquitectos de Galicia aberto ao público e gratuíto, no que se abordan a paisaxe, a cidade, a ocupación do territorio, o urbanismo ecolóxico, a xeografía urbana e mesmo a arquitectura para nenos.