A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos organiza mañá un curso de certificación enerxética
- Detalles
- Categoría: Colexio Arquitectos Galicia
- Published: Xoves, 30 Mai 2013 14:57
- Escrito por Eva
- Visitas: 864
A entidade abrirá unha bolsa de traballo para que os cidadáns que aluguen ou vendan unha vivenda poidan obter a calificación de eficiencia enerxética que esixe a nova normativa que entrará en vigor o 1 de xuño
A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia organiza mañá venres, 31 de maio, un curso básico de certificación enerxética de edificios existentes na súa sede (rúa Federico Tapia, 62-64) entre as 10:00 e as 20:30 horas. O Real Decreto 235/2013 polo que se regula o procedemento básico de certificación enerxética dos edificios entrará en vigor este sábado, 1 de xuño. Esta norma terá como principal misión regular que nos contratos de compravenda ou arrendamentos de edificios ou vivendas sexa necesaria a presentación do certificado de eficiencia enerxética, tanto en edificios novos como nos existentes.