As Delegacións de Vigo e Pontevedra do Colexio de Arquitectos entregan mañá os premios Gran de Area na casa consistorial de Campo Lameiro, obra premiada na pasada edición

lameiroPor primeira vez entregaranse os premios nunha obra galardoada, “un modo de achegar a arquitectura á sociedade”

O acto celebrarase ás 18:00 horas no salón de plenos do concello

As Delegacións de Vigo e Pontevedra do Colexio de Arquitectos de Galicia celebran mañá venres, 26 de outubro, a entrega dos premios Gran de Area 2012. O evento celebrarase ás 18:00 horas no salón de plenos do edificio do Concello de Campo Lameiro. Ao acto acudirán o presidente da Delegación de Pontevedra do Colexio de Arquitectos, Manuel Abelleira; o seu homólogo vigués, Martín de Cominges; acompañados polas súas respectivas xuntas directivas. Tamén asistirá a secretaría Xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas; o alcalde de Campo Lameiro, Julio Sayáns; ademais dos arquitectos premiados e os promotores das obras.

 

Ler máis: As Delegacións de Vigo e Pontevedra do Colexio de Arquitectos entregan mañá os premios Gran de...

O programa Xentes, espazos e lugares do Colexio de Arquitectos de Galicia ofrece en Santiago a conferencia do arquitecto Juan Herreros sobre a evolución do crecemento urbano

Juan_HerrerosEste ciclo pretende implicar á sociedade no coñecemento do territorio e a realidade urbana

A charla será o próximo venres-26, ás 19:30 horas no Centro Cultural Novacaixagalicia de Santiago

O Colexio de Arquitectos de Galicia finaliza a semana próxima en Santiago o ciclo Xentes, espazos e lugares, un programa de actividades vencellado ao Proxecto Terra co que se pretende implicar á sociedade galega no coñecemento do territorio e a realidade urbana. Charlas, encontros, debates e obradoiros conforman esta iniciativa de divulgación e formación non regrada que busca a participación non só de arquitectos e urbanistas, senón tamén de artistas plásticos, xeógrafos, xornalistas, escritores, sociólogos e de toda a sociedade.

Ler máis: O programa Xentes, espazos e lugares do Colexio de Arquitectos de Galicia ofrece en Santiago a...

O Colexio de Arquitectos de Galicia e o grupo de teatro Chévere colaboran nun concurso para deseñar un espazo escénico que estableza un diálogo crítico coa arquitectura-espectáculo

chevereJorge Duarte:

“Será a oportunidade para facer unha reflexión crítica dos problemas xerados pola arquitectura-espectáculo e mostrar os erros que supuxo para a arquitectura e a sociedade no seu conxunto”

Xesús Ron:

“Buscamos un exercicio de creación a pequena escala con grandes solucións técnicas”

Os arquitectos ou estudantes participantes terán ata o 12 de novembro para presentar as súas propostas

O Colexio de Arquitectos de Galicia e o grupo de teatro Chévere presentaron esta mañá na sede da Quintana un concurso de ideas para deseñar un espazo escénico para o novo espectáculo teatral da compañía, Eurozoone. No acto estiveron presentes o decano do Colexio de Arquitectos, Jorge Duarte, e o director artístico da produtora cultural, Xesús Ron. Este concurso servirá para estreitar lazos entre o teatro e arquitectura, dúas disciplinas que tradicionalmente só se asocian a través dos edificios que acollen as representacións escénicas, pero en realidade comparten problemas conceptuais semellantes na procura de crear un espazo.

Ler máis: O Colexio de Arquitectos de Galicia e o grupo de teatro Chévere colaboran nun concurso para...

O sociólogo José Miguel Iribas abre o debate sobre o modelo de asentamento disperso en Galicia pola súa dificultade para garantir redes infraestruturais e dotacionais eficientes

iribasGalicia conta con 31.000 asentamentos poboacionais, máis da metade dos que hai en España

José Miguel Iribas:

“Me asombra que en Galicia se dé por bueno el modelo de asentamiento disperso a pesar de tener resultados lúgubres en materia social y económica”

O ciclo Xentes, espazos e lugares do Colexio de Arquitectos de Galicia ofrece mañá no Centro de Desenvolvemento de Novacaixagalicia en Ourense esta conferencia, ás 19:30 horas

O Colexio de Arquitectos de Galicia continúa mañá en Ourense co ciclo Xentes, espazos e lugares, un programa de actividades vencellado ao Proxecto Terra co que se pretende implicar á sociedade galega no coñecemento do territorio e a realidade urbana. O sociólogo José Miguel Iribas ofrecerá mañá xoves, 18 de outubro, ás 19:30 horas, unha conferencia no Centro de Desenvolvemento de Novacaixagalicia en Ourense (Avenida Pontevedra nº 9), titulada “A sostibilidade do sistema galego de asentamentos”. Ao finalizar a exposición de José Miguel Iribas celebrarase unha mesa de debate na que participarán os arquitectos Javier Suances e Luciano Alfaya.

Ler máis: O sociólogo José Miguel Iribas abre o debate sobre o modelo de asentamento disperso en Galicia...

O colectivo Zuloark falará mañá en Lugo sobre UrbanLeaks, un proxecto onde arquitectos autodidactas traballan na cidade como “una realidad compleja”

blancoColectivo Zuloark:

“Analizamos experiencias de éxito y de fracaso en el tratamiento de las ciudades, para aprender de la práctica, y tratamos de prototipar esas acciones para que puedan ser replicadas en distintos lugares”

O ciclo Xentes, espazos e lugares do Colexio de Arquitectos de Galicia ofrece mañá na Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos esta conferencia, ás 19:30 horas

O Colexio de Arquitectos de Galicia continúa mañá en Lugo co ciclo Xentes, espazos e lugares, un programa de actividades vencellado ao Proxecto Terra co que se pretende implicar á sociedade galega no coñecemento do territorio e a realidade urbana. O Colectivo Zuloark ofrecerá mañá xoves, 11 de outubro, ás 19:30 horas, unha conferencia na Delegación de Lugo do Colexio de Arquitectos (rúa Puro Cora Xornalistas, 1. Lugo), titulada “Urbanleaks”.

Ler máis: O colectivo Zuloark falará mañá en Lugo sobre UrbanLeaks, un proxecto onde arquitectos...