Os empresarios piden que se simplifique a normativa que regula a prevención de riscos laborais

Agora son os empresarios e non os traballadores quenes, ante un accidente laboral, están obrigados a demostrar a adopción de medidas necesarias para previr ou evitar o risco

O presidente da CEG, Antonio Fontenla, destacou que as empresas galegas, debido ao seu pequeno tamaño, necesitan máis apoio neste eido

A Confederación de Empresarios de Galicia celebrou esta mañá unha xornada sobre prevención de riscos laborais. Inauguraron o acto a  conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o presidente da CEG, Antonio Fontenla. Na súa intervención, o presidente da CEG manifestou “a necesidade de simplificar e flexibilizar a normativa de prevención, de maneira que se facilite a súa aplicación e se eviten os obstáculos que dificultan a prestación de servizos nesta materia”. En relación a estes obtáculos, fixo referencia ao Real Decreto 404/2010, que regula a redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que contribúen á diminución da sinistralidade laboral. “A complexidade á hora de acreditar os requisitos necesarios, ten levado a moitas pequenas empresas a renunciar á súa aplicación” -declarou-.

Ler máis: Os empresarios piden que se simplifique a normativa que regula a prevención de riscos laborais

O responsable europeo das pemes manifesta no seu encontro con empresarios galegos o compromiso da Comisión Europea para activar políticas de crecemento

Resaltou tamén que antes de que remate o ano entrará en vigor o novo criterio de pago do IVE

O presidente da CEG demanda que dende Europa se promovan políticas de desenvolvemento industrial e de estímulo do contorno empresarial

Coincidindo co Día de Europa, o director xeral de Empresa e Industria da Comisión Europea, o español Daniel Calleja Crespo, participou esta mañá nunha xornada na Confederación de Empresarios de Galicia, organizada pola Dirección Xeral de Exteriores en colaboración coa organización empresarial galega. Na súa intervención abordou a política europea de apoio aos emprendedores e ás pemes. Unha vez finalizado o acto, que clausurou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, mantivo un encontro co Consello Asesor da CEG, conformado por un nutrido grupo de representantes empresariais.

Ler máis: O responsable europeo das pemes manifesta no seu encontro con empresarios galegos o compromiso da...

Os empresarios piden que se simplifique a normativa que regula a prevención de riscos laborais

mato_fontenla_webAgora son os empresarios e non os traballadores quenes, ante un accidente laboral, están obrigados a demostrar a adopción de medidas necesarias para previr ou evitar o risco

O presidente da CEG, Antonio Fontenla, destacou que as empresas galegas, debido ao seu pequeno tamaño, necesitan máis apoio neste eido

A Confederación de Empresarios de Galicia celebrou esta mañá unha xornada sobre prevención de riscos laborais. Inauguraron o acto a  conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o presidente da CEG, Antonio Fontenla. Na súa intervención, o presidente da CEG manifestou “a necesidade de simplificar e flexibilizar a normativa de prevención, de maneira que se facilite a súa aplicación e se eviten os obstáculos que dificultan a prestación de servizos nesta materia”. En relación a estes obtáculos, fixo referencia ao Real Decreto 404/2010, que regula a redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que contribúen á diminución da sinistralidade laboral. “A complexidade á hora de acreditar os requisitos necesarios, ten levado a moitas pequenas empresas a renunciar á súa aplicación” -declarou-.

Ler máis: Os empresarios piden que se simplifique a normativa que regula a prevención de riscos laborais

O responsable europeo das pemes manifesta no seu encontro con empresarios galegos o compromiso da Comisión Europea para activar políticas de crecemento

mr_peme_webResaltou tamén que antes de que remate o ano entrará en vigor o novo criterio de pago do IVE

O presidente da CEG demanda que dende Europa se promovan políticas de desenvolvemento industrial e de estímulo do contorno empresarial

Coincidindo co Día de Europa, o director xeral de Empresa e Industria da Comisión Europea, o español Daniel Calleja Crespo, participou esta mañá nunha xornada na Confederación de Empresarios de Galicia, organizada pola Dirección Xeral de Exteriores en colaboración coa organización empresarial galega. Na súa intervención abordou a política europea de apoio aos emprendedores e ás pemes. Unha vez finalizado o acto, que clausurou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, mantivo un encontro co Consello Asesor da CEG, conformado por un nutrido grupo de representantes empresariais.

Ler máis: O responsable europeo das pemes manifesta no seu encontro con empresarios galegos o compromiso da...

A CEG representará a Galicia no encontro empresarial hispano-portugués que comeza este martes en Oporto, no marco do cumio oficial entre Mariano Rajoy e o primeiro ministro de Portugal

palacio_bolsa_portoAbordaranse as perspectivas das reformas estruturais nas dúas economías e trataranse proxectos conxuntos nos sectores da enerxía e as infraestruturas

En 2011 as empresas galegas exportaron a Portugal produtos por valor duns 3.000 millóns de euros, un 19,5% máis que o ano anterior

A Confederación de Empresarios de Galicia participa no Encontro Empresarial Hispano-Portugués que arranca este martes, 8 de maio, en Oporto, no marco do cumio oficial bilateral entre o presidente do Goberno español e o primeiro ministro de Portugal. Galicia representa na actualidade a principal referencia nos intercambios comerciais entre España e o país luso.

Ler máis: A CEG representará a Galicia no encontro empresarial hispano-portugués que comeza este martes en...