O presidente da CEG, Antonio Fontenla, representa a Galicia no cumio bilateral que se celebra hoxe en Rabat entre os presidentes de Goberno de España e Marrocos

rabatO país marroquí ofrece oportunidades de investimento en sectores como as infraestruturas, o saneamento de augas e as enerxías renovables

No primeiro semestre do ano Galicia exportou a Marrocos produtos e servizos por valor de 230 millóns de euros

O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla, participa hoxe en Rabat na Reunión de Alto Nivel que están a manter os gobernos de España e Marrocos, representados polos seus respectivos presidentes, Mariano Rajoy e Abdelilah Benkirane. A este cumio bilateral asisten tamén o presidente da CEOE, Juan Rosell, e a da Confederación de Empresarios de Marrocos, Meriem Bensaleh Cheqrun, xunto con empresarios e responsables de organizacións empresariais territoriais e sectoriais de toda España.

Ler máis: O presidente da CEG, Antonio Fontenla, representa a Galicia no cumio bilateral que se celebra hoxe...

A CEG presenta unha guía que axudará ás empresas a elixir o modelo máis axeitado para realizar a prevención de riscos laborais

guia_prlA contratación dun servizo de prevención alleo é a opción escollida polo 70% das pemes galegas

Ofrécense as claves para garantir a máxima eficacia nos contratos con este tipo de servizos

A Confederación de Empresarios de Galicia presentou esta tarde unha “Guía para a Contratación dun Servizo de Prevención Alleo”, destinada a informar ás empresas dos distintos modelos de organización vixentes no eido da prevención de riscos laborais, con especial atención á contratación dun servizo de prevención alleo. Foi no marco dunha xornada centrada nas modalidades de organización preventiva que existen, que tivo lugar na sede da CEG.

Ler máis: A CEG presenta unha guía que axudará ás empresas a elixir o modelo máis axeitado para realizar a...

A CEG selecciona a 15 empresas galegas para formalas e tutelalas na elaboración das súas propostas para acceder a unha contratación pública internacional

seminario_salt_webEstas compañías forman parte de sectores económicos estratéxicos para a economía galega

Trátase da enxeñaría civil e industrial, enxeñaría ambiental, automoción, metalurxia, construción, enerxías renovables, pesca e téxtil

A Confederación de Empresarios de Galicia trata de impulsar a entrada das empresas galegas no mercado das contratacións públicas no exterior, a través do seu Servizo de Licitacións Internacionais (SALT). Trátase dunha iniciativa pioneira no ámbito nacional, posta en marcha en colaboración co Igape, e que na actualidade presta axuda neste eido a preto de 500 empresas da comunidade. No marco deste servizo, estase a desenvolver a terceira edición do Programa de Apoio Integral a Empresas.

Ler máis: A CEG selecciona a 15 empresas galegas para formalas e tutelalas na elaboración das súas propostas...

A embaixadora de Malta desprázase ata a CEG para intensificar as relacións comerciais con Galicia

embaixadora_fontenla_webA diplomática solicitou unha xuntanza con empresarios dos sectores das TIC, biosanitario, naval e de equipamento e tecnoloxía médica

O 50% das exportacións galegas a Malta son prendas de vestir, ademais de madeira, automóbiles e produtos da pesca

A embaixadora de Malta en España, Tanya Vella, mantivo esta mañá un encontro co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla. Durante a reunión acordaron celebrar unha nova xuntanza, nesta ocasión entre a diplomática e representantes de empresas galegas. Mostrou o seu interese en particular nos sectores das novas tecnoloxías da información e as comunicacións, biosanitario, naval, ademais do relativo a equipamento e tecnoloxía médica.

Ler máis: A embaixadora de Malta desprázase ata a CEG para intensificar as relacións comerciais con Galicia

A CEG participa en Bruxelas nun encontro co ministro de Industria de Uruguai e empresas do país que buscan establecer relacións comerciais con firmas europeas

comision_europeaAs compañías uruguaias están interesadas en sectores como o naval, as enerxías renovables, a biotecnoloxía, a metalurxia e as novas tecnoloxías

Están a procurar provedores, importadores, socios ou posibles investidores no país latinoamericano

A Confederación de Empresarios de Galicia participou o pasado mes de abril nunha misión comercial organizada pola Comisión Europea de Industria e Emprendemento a Brasil, Uruguai e Chile. Con motivo desta experiencia, o ministro de Industria, Enerxía e Minería de Uruguai, Roberto Kreimerman, realiza estes días unha visita oficial a Bruxelas, acompañado dunha delegación de empresarios do país, de cara a manter intercambios con empresas europeas. A CEG forma parte das entidades convidadas a este encontro.

Ler máis: A CEG participa en Bruxelas nun encontro co ministro de Industria de Uruguai e empresas do país...