A actividade emprendedora recupérase en Galicia tras tres anos de descenso

fontenla_aguileraEn 2011 o 53% das intencións empresariais fixéronse realidade, fronte ao 27% do ano anterior; e os proxectos consolidados manteñen unha evolución superior ao conxunto nacional

O 9% da poboación galega manifesta a súa intención de crear unha empresa nos vindeiros tres anos

Fontenla confía en que as novas normativas de emprendedores previstas para principios de 2013 se axusten ás súas necesidades

A Confederación de Empresarios de Galicia presentou esta mañá os resultados do Informe GEM relativos a 2011. O Proxecto GEM (Global Entrepreneurship Monitor) é o observatorio internacional de referencia sobre a actividade emprendedora. Está integrado por 55 países e a comunidade galega aporta os seus datos a este estudo dende hai sete anos. Ademais da CEG, na súa aplicación en Galicia colaboran o Igape e a Universidade de Santiago.

Ler máis: A actividade emprendedora recupérase en Galicia tras tres anos de descenso

A CEG informa da importancia de coordinar a prevención de riscos laborais cando nun mesmo centro de traballo concorren varias empresas ou autónomos

neira_garrote_webNestes casos a coordinación empresarial resulta moi rendible

Certos perigos poden agravarse pola coexistencia de actividades

En ocasións, nun mesmo centro de traballo desenvolven a súa actividade diferentes empresas ou traballadores autónomos. Nestes casos resulta fundamental e moi rendible para cada empresa a coordinación da prevención de riscos laborais. Así se puxo de manifesto nunha xornada informativa celebrada esta mañá na Confederación de Empresarios de Galicia.

Ler máis: A CEG informa da importancia de coordinar a prevención de riscos laborais cando nun mesmo centro...

O conselleiro económico de Eslovaquia busca potenciar os intercambios comerciais coas empresas galegas

eslovaquia_webAlimentación, xestión medioambiental, construción, madeira e enxeñarías, principais oportunidades para as firmas da comunidade

En 2011 Galicia exportou ao país produtos e servizos por valor de 27,67 millóns de euros, un 77% máis que en 2010

A Confederación de Empresarios de Galicia recibirá esta tarde, a partir das 17:00 horas, a visita do conselleiro económico de Eslovaquia, Rastislav Hindicky. No encontro, que presidirá Antonio Fontenla, estarán presentes empresas galegas dos sectores da construción, consultoras técnicas e enxeñarías, madeira, materiais de construción, xestión medioambiental, firmas carroceiras, de formación, calidade e alimentación.

Ler máis: O conselleiro económico de Eslovaquia busca potenciar os intercambios comerciais coas empresas...

Un centenar de empresas galegas mostran o seu interese por afondar nas posibilidades que ofrece o mercado europeo

mercado_europeoTrátase de firmas de sectores tan diversos como a agricultura, a pesca, a construción, inmobiliarias, enerxéticas, comunicación ou educación

A CEG capacita ás empresas na xestión de proxectos europeos e na venda dos seus produtos na Unión Europea

A Confederación de Empresarios de Galicia pecha hoxe o ciclo “Oportunidades para as empresas galegas en Europa”. Trátase dunha serie de xornadas e seminarios destinados a difundir entre o tecido empresarial galego as posibilidades que ofrece o mercado interior europeo, de cara a mellorar a súa competitividade e as súas opcións de negocio. No marco desta iniciativa, as firmas asistentes tiveron a ocasión de coñecer como poden vender os seus produtos en Europa, como poden acceder a financiamento comunitario, ademais de como se deben planificar e xestionar proxectos europeos.

Ler máis: Un centenar de empresas galegas mostran o seu interese por afondar nas posibilidades que ofrece o...

Os empresarios demandan que non se reduzan as partidas que afectan á competitividade no novo marco de financiamento europeo 2014-2020

financiamento_comunitarioO delegado da CEOE en Bruxelas abordou esta mañá en Santiago as posiblidades que os fondos europeos ofrecerán ás empresas galegas

I+D+ i, infraestruturas enerxéticas, de transporte e dixitais, xunto co apoio ás pemes, principais áreas de interese para o sector empresarial

A Confederación de Empresarios de Galicia celebrou esta mañá unha xornada informativa centrada nas posibilidades de financiamento comunitario para as empresas galegas. Esta iniciativa enmárcase no ciclo de seminarios que a entidade está a promover en relación ás oportunidades que Europa ofrece ás firmas da comunidade.

Ler máis: Os empresarios demandan que non se reduzan as partidas que afectan á competitividade no novo marco...