- Detalles
-
Categoría: CEG
-
Published: Luns, 10 Setembro 2012 23:00
-
Escrito por Azucena
-
Visitas: 737
Fontenla manterá un programa de contactos institucionais e visitará algúns dos centros loxísticos e de negocios de referencia no norte do país
Visitará ademais a nova delegación da Rede Pexga na cidade de Tánxer
O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla, manterá ao longo desta semana un amplo programa de traballo no norte de Marrocos, con base na cidade de Tánxer. O obxectivo desta viaxe é fortalecer as relacións comerciais entre o tecido produtivo galego e o do país africano, e dar a coñecer aos empresarios marroquís as oportunidades de investimento que ofrece Galicia. A visita comeza hoxe martes e prolongarase ata o vindeiro xoves, 13 de setembro. Durante a súa estadía no país establecerá diversos contactos institucionais, ao tempo que se achegará aos centros de negocios e infraestruturas de referencia na rexión.
Ler máis: O presidente da CEG desprázase a Marrocos para reforzar as relacións comerciais cos seus empresarios
- Detalles
-
Categoría: CEG
-
Published: Xoves, 26 Xullo 2012 23:00
-
Escrito por Azucena
-
Visitas: 495
O Xulgado de Primeira Instancia de Santiago vén de ditar un auto no que recoñece indicios de delito nas irregularidades que a CEG puxo en coñecemento da xustiza
A realización deste proceso permitirá á organización empresarial poñer un punto final a unha longa etapa de recuperación económica e de prestixio social
En marzo de 2001, días despois da toma de posesión de Antonio Fontenla como presidente, a CEG puxo en coñecemento do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia unha serie de irregularidades detectadas na súa xestión dos fondos de formación que desembocaron nunha grave crise financeira e social para a entidade. Transcorridos once anos, o Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela vén de ditar, a instancias da Fiscalía, un auto no que confirma que os feitos apuntados pola CEG “pudieran ser constitutivos de delito” polo ex secretario xeral da CEG, Rafael Sánchez Sostres, xunto cunha serie de representantes empresariais. Deste xeito é posible que nos vindeiros meses se leve a cabo a vista oral do caso. O presidente da CEG, Antonio Fontenla, mostra a súa “satisfacción polo avance dun proceso xudicial, que está chamado a pechar un episodio lamentable na xestión pasada da organización empresarial”.
Ler máis: A CEG mostra a súa satisfacción pola decisión da xustiza de seguir adiante co proceso que...