O presidente da CEG traslada a políticos e empresarios de Brasil, Uruguai e Chile o potencial de Galicia no sector naval, na construción civil e de vivenda e nas enerxías renovables

mission_webVén de participar nunha misión comercial organizada pola Unión Europea restrinxida a trinta empresas e entidades líderes en Europa

Destaca que a notable expansión que está a experimentar o consumo nestes países representa unha oportunidade de negocio para as empresas galegas

A Confederación de Empresarios de Galicia vén de participar na Mission for Growth, unha misión comercial organizada pola Comisión Europea de Industria e Emprendemento que tivo como destino Brasil, Uruguai e Chile. O presidente da CEG, Antonio Fontenla, integrou unha delegación multisectorial restrinxida a 30 empresas e entidades líderes en Europa, encabezada polo director xeral de Industria e Empresa da Comisión Europea, o español Daniel Calleja.

Ler máis: O presidente da CEG traslada a políticos e empresarios de Brasil, Uruguai e Chile o potencial de...

Empresarios galegos reúnense esta tarde na CEG co embaixador de Polonia para abordar as oportunidades de negocio no país

polonia_webAsistirán empresas pertencentes aos sectores téxtil, TIC, enxeñaría, enerxías renovables e construción; sectores trascendentais no país polaco

Polonia preséntase como un dos principais destinos europeos para investir, cunha previsión de crecemento para este ano do 2,5%

En 2011 as empresas galegas exportaron a Polonia produtos por valor duns 283 millóns de euros

O embaixador de Polonia en España, Ryszard Schnepf, reunirase esta tarde, ás 17:00 horas na Confederación de Empresarios de Galicia, con empresarios galegos para abordar as oportunidades de negocio no país. Acompañará ao diplomático polaco o cónsul honorario de Polonia en Galicia, Juan Manuel Vieites. Ambos serán recibidos polo vicepresidente da CEG, Francisco Rodríguez. Os empresarios galegos que participan neste encontro pertencen aos sectores téxtil, ao das tecnoloxías da información e as comunicacións, á enxeñaría, ás enerxías renovables e á construción.

Ler máis: Empresarios galegos reúnense esta tarde na CEG co embaixador de Polonia para abordar as...

A CEG traballa con 433 empresas galegas para introducilas no mercado das licitacións públicas internacionais

licitaciones_webCunha previsión de alcanzar as 500 a finais de ano

As firmas galegas conseguiron 23 contratos neste mercado en 2011, cun incremento do 92% con respecto ao ano anterior

O volume de negocio ascendeu aos sete millóns de euros

Co propósito de reforzar a presenza exterior das empresas galegas, o Servizo de Licitacións Internacionais (SALT) da Confederación de Empresarios de Galicia está a favorecer, dende hai catro anos, a súa entrada no mercado das contratacións promovidas polos organismos multilaterais de desenvolvemento. Trátase en particular das axencias das Nacións Unidas, dos organismos financeiros da Unión Europea e dos bancos de desenvolvemento, que son os que financian proxectos cuxa finalidade é promover o desenvolvemento económico dunha determinada rexión ou grupo de países. Nesta iniciativa, pioneira no ámbito nacional, colabora a Xunta de Galicia a través do Igape.

Ler máis: A CEG traballa con 433 empresas galegas para introducilas no mercado das licitacións públicas...

A CEG, seleccionada pola Unión Europea para integrar unha delegación de 30 empresas e entidades líderes en Europa que participarán nunha misión comercial a Brasil, Uruguai e Chile

america_sur_webTrataranse de identificar novas oportunidades de negocio e diversificar a presenza das empresas galegas na rexión

A construción civil e de vivendas, as enerxías renovables, o naval e o turismo preséntanse como sectores potenciais de investimento nestes países

A Confederación de Empresarios de Galicia vai participar a vindeira semana na Mission for Growth, unha misión comercial organizada pola Comisión Europea de Industria e Emprendemento que ten como destino Brasil, Uruguai e Chile. Encabezará a comitiva o director xeral de Industria e Empresa da Comisión Europea, o español Daniel Calleja. Esta misión comercial arranca o luns 23 de abril en São Paulo e, tras pasar por Montevideo, rematará o venres 27 en Santiago de Chile. A construción civil e de vivendas, as enerxías renovables, o naval e o turismo preséntanse como sectores potenciais de negocio na rexión.

Ler máis: A CEG, seleccionada pola Unión Europea para integrar unha delegación de 30 empresas e entidades...

Os empresarios auguran unha nova desaceleración, cunha previsión de 5,5 millóns de desempregados para o primeiro trimestre do ano

foro_ceg_webO presidente da CEOE, Juan Rosell, destaca a restrición de financiamento ás empresas, que se prevé que descenda aínda máis nos vindeiros meses, como o problema principal que están a sufrir os empresarios

Segundo o presidente da CEG, Antonio Fontenla, tódolos sectores da economía, industrial, o agro e os servizos, están a pagar un altísimo prezo pola crise

Os empresarios reclaman, entre outras reformas, unha reforma laboral que determine con exactitude as causas do despido e unha regulación específica da extinción dos contratos, para conseguir a flexibilidade que precisan as empresas

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) celebrou esta mañá o acto central do seu 30 aniversario, o Foro Empresarial – Claves para a Recuperación Económica. O evento reuniu no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, a unha elevada representación do empresariado galego. Durante o encontro analizouse a eficacia das medidas adoptadas ata o momento para afrontar a crise e presentáronse unha serie de propostas para reactivar a economía.

Ler máis: Os empresarios auguran unha nova desaceleración, cunha previsión de 5,5 millóns de desempregados...