A crise económica reduce a mobilidade entre traballadores e empresas na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, ao diminuír o número de contratos

porto_webA CEG vén de presentar un informe sobre o mercado de traballo na Eurorrexión no que se recolle que os contratos a traballadores portugueses en Galicia, 8.598 en 2011, descenderon nun 58% dende 2007

O 52% dos contratos celébranse na provincia de Pontevedra, o 22% na Coruña, o 16% en Ourense e o 10% en Lugo

A Confederación de Empresarios de Galicia celebrou esta mañá unha xornada sobre “A mobilidade de traballadores no actual contexto económico e laboral da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”. Durante o encontro, a CEG presentou un informe sobre o intercambio laboral na Eurorrexión en 2011, realizado pola entidade no marco da súa participación no Eures Transfronteirizo, cuxo obxectivo é informar e axudar a resolver os problemas dos traballadores e empresas que cruzan a fronteira para desenvolver a súa actividade.

Ler máis: A crise económica reduce a mobilidade entre traballadores e empresas na Eurorrexión Galicia-Norte...

A CEG certifica a calidade dos servizos que presta ás empresas, ás organizacións e aos traballadores

iso_9001_2008Recibiu esta mañá a certificación ISO 9001:2008, segundo Fontenla “un logro á excelencia e profesionalidade” que a entidade atesoura logo de 30 anos ao servizo do sector empresarial en Galicia

A Confederación de Empresarios de Galicia certifica a calidade da xestión de todos os servizos empresariais que presta a organizacións, empresas e traballadores. Tras un período de adaptación ás normas do sistema de xestión ISO 9001:2008, a CEG recibiu esta mañá, de mans do director da Axencia Noroeste de Bureau Veritas, José Manuel Sánchez, o documento acreditativo deste recoñecemento.

Ler máis: A CEG certifica a calidade dos servizos que presta ás empresas, ás organizacións e aos traballadores

A embaixadora de Turquía en España sinala que o téxtil, a alimentación, a automoción e a maquinaria poden impulsar o comercio bilateral con Galicia

embajadora_turquia_webO presidente da CEG destacou que o mercado turco ofrece “proveitosas oportunidades” para Galicia no ámbito das infraestruturas e da loxística

En 2011 as empresas galegas exportaron bens e servizos por valor de 361 millóns de euros, en particular automóbiles, que representaron un 66% do total

A Confederación de Empresarios de Galicia acolleu esta tarde unha xornada centrada nas oportunidades de negocio en Turquía. Asistiron á inauguración o presidente da CEG, Antonio Fontenla; o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra; e a embaixadora de Turquía en España, Ayşe Sinirlioğlu. Expertos da oficina comercial da embaixada turca en España deron a coñecer aos  empresarios galegos as oportunidades para o desenvolvemento de negocios no país. Pola súa parte, o director da Rede de Plataformas Empresariais no Exterior de Galicia (Pexga), Armando Villanueva, e o director da oficina da Rede Pexga en Turquía, Javier Paredes, abordaron o apoio á internacionalización neste país. Ademais, presentáronse varios casos de éxito de empresas galegas que decidiron lanzarse ao mercado turco.

Ler máis: A embaixadora de Turquía en España sinala que o téxtil, a alimentación, a automoción e a...

Un total de 639 estudantes universitarios realizaron prácticas en 470 empresas o curso pasado a través dos diferentes convenios da CEG

universitariosProceden na súa maioría da titulación de Administración e Dirección de Empresas, seguida de Veterinaria, Dereito, Psicoloxía e Relacións Laborais

Dende que se puxo en marcha este programa, en 1995, beneficiáronse máis de 17.000 mozos de toda Galicia

A Confederación de Empresarios de Galicia dispón dun programa de prácticas profesionais para que os estudantes universitarios entren en contacto coas empresas antes de rematar os seus estudos. Este programa, que se iniciou hai xa dezasete anos, baséase na sinatura de convenios de colaboración entre a CEG e as universidades galegas. Desenvólvese en colaboración coas empresas da comunidade e diríxese a estudantes universitarios, co ánimo de impulsar o achegamento entre a universidade e o tecido empresarial. Permítese así que o alumnado complete a súa formación teórica con formación práctica, ao tempo que se facilita o seu acceso ao mercado laboral.

Ler máis: Un total de 639 estudantes universitarios realizaron prácticas en 470 empresas o curso pasado a...

A ministra de Fomento, Ana Pastor, sinala que se está a traballar no modelo de transporte de mercadorías por ferrocarril, de grande interese para os empresarios galegos

ministra_fomento_webDestacou que “el Gobierno está ofreciendo todo su apoyo para que Galicia sea la primera comunidad autónoma que salga de la crisis y empiece a generar empleo”

Fontenla mostroulle á ministra a relevancia que para o empresariado ten o impulso do AVE, as autovías do interior e as conexións de Galicia con Portugal

A ministra de Fomento, Ana Pastor, compartiu este mediodía un almorzo co Consello Asesor da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), conformado por un nutrido grupo de representantes empresariais, en Santiago de Compostela. O acto contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez; o alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás; e o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.

Ler máis: A ministra de Fomento, Ana Pastor, sinala que se está a traballar no modelo de transporte de...