O bufete de avogados Rivas & Montero inicia un ciclo de conferencias empresariais que amosarán diferentes experiencias de modelos de xestión

O primeiro convidado será o profesor Ángel Carracedo, que abordará os principais retos da transferencia do coñecemento da universidade ao mundo empresarial O bufete de avogados Rivas & Montero, con sede en Santiago, leva máis de dúas décadas dedicado ao asesoramento xurídico a empresas e institucións. Ao longo deste anos foron adaptándose aos cambios sociais…

Unha exposición reúne na Casa do Cabido fotografías en 3D da cidade de Santiago e da catedral do estereógrafo galego Enrique Criado

Son 35 imaxes representativas do casco histórico e da basílica compostelá tomadas ao longo dos últimos 16 anos Baixo o título “Compostela, a Terceira Dimensión”, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de instantáneas en 3D da cidade de Santiago do estereógrafo coruñés Enrique Criado. A mostra exhíbese na Casa do Cabido, na Praza das…

O congreso conclúe coa conferencia do presidente da Academia italiana, Claudio Marazzini, que falou da arte da linguaxe da cociña: “A gastronomía é unha fonte de coñecemento para os lingüistas”

Carlos Alvar, que interveu a mediodía, indicou que as formas de comportamento na mesa se estenderon polo Occidente europeo a partir do s. XII Os organizadores subliñaron a “destacable calidade científica” e recibiron demandas de continuidade Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2016 (Vía Láctea Comunicación).- O congreso, organizado polos profesores da Facultade de…

Bocaccio, o conde Lucanor e Cunqueiro, entre os protagonistas da segunda xornada do congreso. “As ordes monásticas antigas eran sobre todo vexetarianas, pero a regra benedictina indicaba comer cos peregrinos que recibían e comer carne con eles”, tal como sinalou o experto Segundo Vázquez Portomeñe. O presidente da Academia italiana, Claudio Marazzini, clausurará mañá venres o evento tras ser presentado polo seu homólogo, Darío Villanueva, director da Academia española

Segunda xornada do congreso que se celebra no auditorio de ABANCA (praza de Cervantes), organizado polos profesores da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela Mercè López e Benedict Buono sobre literatura e gastronomía en Italia e a Península Ibérica. Durante o día de hoxe continuaron os relatorios e conferencias impartidas arredor do…

A gastronomía é tema para calquera expresión creativa e condicionou a evolución da sociedade, foron ideas destacadas na apertura do congreso esta mañá. “La cocina de autor es el presente y el futuro, siempre que apueste por el producto local y la comida sana”, segundo o xornalista balear Bep Al-Lès. Unha degustación de queixos, unha cata de viños galegos e un cóctel de peixes galegos complementaron a primeira xornada académica, á que asisten un cento de participantes

Diversas autoridades inauguraron hoxe o congreso que se celebra no auditorio de ABANCA (praza de Cervantes), organizado polos profesores da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela Mercè López e Benedict Buono sobre literatura e gastronomía en Italia e a Península Ibérica. Na sesión de apertura estiveron o secretario xeral de Cultura, Anxo…

O Ensanche compostelán celebrará o 1 de outubro unha festa con música e unha feira na que participarán máis de cincuenta comercios

O seu tecido asociativo, co apoio do Concello, promove a celebración para facer do Ensanche “un barrio agradable, vivo e dinámico” A asociación de veciños Raigame, en colaboración coa fundación Santiago Centro, Panxea Comercio Xusto, Proxecto EmRede, Santiago Futsal e o Concello de Santiago, promove a celebración do cincuenta e seis aniversario do Ensanche compostelán…

Los podólogos se especializan en la medición de las presiones del pie, fundamental para una exploración biomecánica de la pisada. El Colexio de Podólogos de Galicia celebra hoy y mañana un curso formativo en Área Central al que asiste una treintena de profesionales. Luis Cantó, ponente: “La baropodometría ayuda a averiguar la capacidad de una persona para estabilizarse y mantener el equilibrio”

El Colexio de Podólogos de Galicia celebró hoy en el centro comercial Área Central de Santiago (Praza de Europa. Sótano 1. Local A4. Oficina de Gerencia) la primera sesión de un curso sobre técnicas e instrumentación cinética en baropodometría, exploración biomecánica y postural aplicando plataformas de presiones. La formación, a las que asisten treinta podólogos…

La Escolanía de la Catedral de Santiago actuó ayer domingo en el acto institucional de la Diada que se celebró en la catedral de Palma de Mallorca, de donde regresan mañana martes tras cinco días de exitoso intercambio con la Escolanía del Monasterio de Lluc. Con el acompañamiento del pianista, Mateo Iglesias, el director del coro compostelano, José Luis Vázquez, mostró su satisfacción por el nivel de interpretación demostrado en todas los conciertos por la treintena de voces que, entre otras, cantaron una pieza del Códice Calixtino con inclusión de gaita y pandereta, ovacionada por el público balear.

A Asociación de Antigos Alumnos da USC mantén aberto ata mediados de outubro o prazo do Premio de Relato Curto cunha dotación económica de 500 euros. O Instituto Policlínico La Rosaleda patrocina esta convocatoria de tema libre, en galego e aberta ao público en xeral

A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni USC) reanudou a convocatoria do Premio Relato Curto, pero outorgando como premio unha dotación económica de 500 euros, cantidade que achega xenerosamente o Instituto Policlínico La Rosaleda. O prazo desta décimo primeira edición para entregar os traballos finaliza o 15 de…

Page 6 of 7
1 4 5 6 7