SEGUIMENTO DE MEDIOS

seguimento
  • Seleccionamos de forma personalizada todas as noticias que interesan de prensa, radio, televisión e internet. Entregamos un dossier vía internet, a primeira hora da mañá, de forma rápida e clara, todos os días do ano.
  • Ofrecemos a máis ampla cobertura de medios de comunicación do eido galego e nacional:

prensa I publicacións especializadas
radio I internet I televisión I redes sociais

  • Proporcionamos unha ferramenta on line para xestionar a información como máis lle interese, permitindo a consulta de noticias ou a elaboración de dossieres personalizados en múltiples formatos.
  • Complementamos as noticias con toda a información relevante (medio, páxina, data, tiraxe, cobertura, audiencia, superficie e valoración económica).

xx

analise
  • Utilice toda a información adicional que presentamos coa selección das súas noticias para crear diferentes tipos de gráficas no seu Escritorio Dixital.
  • Cruce os datos que desexe: Poderá coñecer desde o número de impactos ou a superficie que ocupan as informacións que lle interesan ata a valoración económica das mesmas.
  • Análises cualitativas ou cuantitativas. Proporcionarémoslle o que mellor se adapte ás súas necesidades.