Os balnearios e as augas minerais galegas presentan esta semana a súa oferta en Brasil, no marco de Termatalia, a Feira Internacional de Turismo Termal

Tamén se dará a coñecer marca “Auga de Galicia”, que contribuirá a diferenciar e darlle valor á orixe galega e ás virtudes da composición e calidade das nosas augas minerais e termais A Asociación de Balnearios de Galicia participa esta semana en Brasil -na localidade de Foz do Iguaçu- en Termatalia, a Feira Internacional de…

Un total de 679 galegos maiores de 60 anos poderán beneficiarse ao longo deste ano de estadías de dez días en balnearios da comunidade a un prezo de entre 287 e 361 €

O prazo para poder optar a unha destas prazas, que ofrece o programa “Benestar en Balnearios” da Consellería de Política Social, remata o 16 de maio para a primeira quenda e o 31 para a segunda Participan 13 balnearios galegos, 5 na provincia de Ourense, 4 en Pontevedra, 3 en Lugo e 1 na Coruña…

Os balnearios galegos prevén unha ocupación media do 90% durante a Semana Santa, cunha estimación do 100% en varios establecementos

Son cifras superiores ás de anos anteriores, incremento que valoran “moi positivamente” dende a asociación sectorial A Asociación de Balnearios de Galicia prevé unhas taxas de ocupación durante as vacacións de Semana Santa do 90%. Estímase ademais que estas cifras poderían chegar ao 100% en varios establecementos termais da comunidade.

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, presenta a marca “Auga de Galicia”, que contribuirá a diferenciar e darlle valor á orixe galega e ás virtudes da composición e calidade das nosas augas minerais e termais

Un vídeo, no que se destaca que en Galicia “a auga é industria, riqueza, emprego e alimento”, promocionará as augas galegas dentro e fóra da comunidade O balneario Termas de Cuntis acolleu esta mañá a presentación da marca “Auga de Galicia”. É unha iniciativa do Clúster da Auga Mineral e Termal de Galicia, que aglutina…

Futuros médicos galegos afondan no papel das augas mineromedicinais á hora de retardar a vellez

Expertos en hidroloxía médica salientan que a cura termal favorece a reactivación da capacidade física e psíquica dos pacientes xeriátricos No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, o balneario de Mondariz acolle esta fin de semana unhas xornadas dirixidas a futuros médicos. Centraranse no…

Expertos médicos manifestan que os pacientes afectados por doenzas reumatolóxicas logran mellorar os seus síntomas tras seren sometidos a ténicas de balneoterapia

Aseguran que a cura termal contribúe a recuperar a mobilidade, ao tempo que se reduce a dor Estudantes de Medicina fórmanse no balneario de Lugo sobre o valor das augas mineromedicinais en relación aos trastornos reumáticos No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, o…

A cura termal preséntase como unha terapia complementaria á medicina de cara a tratar o estrés e a ansiedade que produce desenvolver as actividades rutinarias da vida con dor

Neste proceso interveñen diversos profesionais sanitarios como expertos en hidroloxía médica, fisioterapeutas e psicólogos clínicos O tratamento das doenzas crónicas e a promoción do benestar a través da balneoterapia. Este é o tema que vai centrar unhas xornadas que se celebran esta fin de semana no balneario ourensán de Arnoia, no marco da Cátedra de…

Os pacientes con problemas no aparato locomotor melloran a súa saúde trala realización de exercicio en piscinas de auga mineromedicinal

Os médicos aseguran que cun tratamento de entre unha e dúas semanas lógrase mellorar a mobilidade e a flexibilidade, ao tempo que se reduce a dor e a inflamación No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, o balneario lucense de Augas Santas, situado na…

Expertos médicos salientan que a balneoterapia contribúe a diminuír os ingresos hospitalarios e o absentismo laboral de pacientes crónicos

Aseguran que, en xeral, mellora a calidade de vida destes enfermos e redúcense os episodios de dor No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, o balneario ourensán de Laias (Cenlle), acolle mañá venres e o sábado unhas xornadas sobre as indicacións terapéuticas da balneoterapia.…

Futuros médicos galegos coñecerán o valor terapéutico das augas dos nosos balnearios

A Cátedra de Hidroloxía Médica-Balnearios de Galicia da Universidade de Santiago comeza un novo curso académico e os alumnos realizarán prácticas en varios centros da comunidade  Expertos médicos salientan que a medicina actual debe considerar outros factores terapéuticos como a balneoterapia para previr e curar determinadas doenzas A Cátedra de Hidroloxía Médica-Balnearios de Galicia da…

Page 1 of 5
1 2 3 5