A Academia Galega de Belas Artes reinicia neste final de ano o ciclo Martes das artes cunha conferencia sobre a arquitectura galega do século vinte

A charla, que se celebrará mañá ás 20:00 horas, estará impartida polo catedrático de Historia da Arquitectura da ETSAC José Ramón Alonso

“A arquitectura galega recente é unha realidade pouco coñecida, oculta tras mitos e metáforas”

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) reanudará mañá martes, día 8, o ciclo Martes das Artes destinado a sensibilizar e achegar á sociedade o estado actual do patrimonio cultural de Galicia. O doutor arquitecto e catedrático de Historia da Arquitectura da ETSA da UDC, José Ramón Alonso Pereira, impartirá unha conferencia celebrarase titulada “A modernidade na arquitectura de Galicia”. Será ás 20:00 horas no salón de actos da Academia.

Nesta conferencia, o arquiecto presentará unha análise da arquitectura de Galicia do século XX a través do tránsito entre a tradición e a vangarda, entendendo que “a arquitectura galega recente é unha realidade pouco coñecida, oculta tras mitos e metáforas”. O seu obxecto na charla será desvelar estas incógnitas e analizar o proceso histórico desde mediados de século.

José Ramón Alonso Pereira é doutor arquitecto pola UPM e catedrático de Historia da Arquitectura na Escola da Coruña, da que foi director. É Autor de máIs dun cento de publicacións sobre arquitectura. Entre as máis recentes destacan: “Introducción a la Historia de la Arquitectura” (4ª ed. 2012) e “El París de Le Corbusier”.

jose-ramon-alonso