O arcebispo de Santiago, Julián Barrio, destaca o valor da peregrinación como acontecemento espiritual que aporta o don da fe a quen non o ten

“Estoy seguro que muchos que han iniciado el Camino como caminantes, han llegado a la meta como peregrinos”

Ofrecerá unha conferencia na Cámara de Comercio de Santiago o vindeiro mércores, día 9, ás 20:00 horas

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela continúa este mes de novembro coa programación do seu ciclo de conferencias, destinado a analizar a situación económica, social e cultural do país, convidando a personaxes de gran relevancia en diferentes ámbitos. O próximo convidado será o arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio. Ofrecerá o vindeiro mércores, 9 de novembro, unha conferencia sobre “Os valores antropolóxicos do Camiño de Santiago”, ás 20:00 horas no salón de actos cameral.O arcebispo considera que actualmente a sociedade vive nunha situación de crise, pero sobre todo de desconcerto. Como mensaxe contemporánea da Igrexa no Camiño, sinala que a peregrinación xacobea axuda a facer unha lectura da realidade desde a fe e a expresar como as persoas son capaces de mirarse a si mesmas con honestidade, de sacar á luz o seu propio fastío e de iniciar camiños novos cara a verdadeira liberdade. “En la experiencia del peregrino uno percibe fácilmente cómo de lo visible va poco a poco bordeando el misterio de lo invisible, dándose cuenta de que otro estilo de vida es posible, de que otra sociedad es posible, de que otro mundo es posible cuando uno es capaz de encontrase a si mismo, a los demás y a Dios” –explica Monseñor–.

En relación ao ano xubilar de 2021, Barrio sinala que o Camiño de Santiago ten cada día unha maior vitalidade, sen perder a dimensión espiritual que lle é propia, porque do contrario “no moriría de éxito sino de inanición”. O arcebispo fai unha distinción clara entre peregrinos e camiñantes. Desde o seu punto de vista, o peregrino xacobeo é alguén que se puxo en camiño entrando dentro de si mesmo e tratando de descubrir a novidade de Deus. En cambio, explica que a figura do camiñante é máis ben un “observador” que percibe o seu contorno sen ter en conta a meta, que é o que dá sentido ao camiño. “Cuando deja de distraerse en si mismo y en lo que le rodea, el caminante puede convertirse en peregrino abriendo su corazón a la acción de Dios. Estoy seguro que muchos que han iniciado el Camino como caminantes, han llegado a la meta como peregrinos” –sentencia–.

Ademais, Julián Barrio explica que, no transcorrer do Camiño, un camiñante pode aprender que na peregrinaxe da vida non está só e que os peregrinos con fe pódenlle axudar a acoller este don e a atopar sentido a súa vida. “La peregrinación es un acontecimiento espiritual que puede llevar a acoger el don de la fe a quien no lo tiene, sabiendo que las piedras de las dificultades no se convierten en el pan del éxito fácil en el desierto de la vida” –indica–.

jesus-asorey-e-julian-barrio