A maridaxe entre melindres e café será a protagonista da XXII Festa do Melindre de Melide que se celebrará o 12 de maio
- Detalles
- Categoría: Cámara Santiago
- Published: Mércores, 24 Abril 2013 15:19
- Escrito por Eva
- Visitas: 565
O barista Óscar de Toro impartirá mañá na vila melidense unha master class de combinados de café na que participarán máis de 25 hostaleiros
- Os días 4 e 5 de maio celebrarase un concurso de combinados no que o gañador recibirá o seu peso en quilos de café
- MelindresRicos & Coffee Tour presentouse hoxe na Cámara de Comercio de Santiago
A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela e o Concello de Melide presentaron hoxe en Santiago “MelindresRicos & Coffee Tour”, un evento antesala da XXII Festa do Melindre e da Repostaría da Terra de Melide. Ao acto asistiron o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey; o concelleiro de Turismo de Melide, Santos López; o presidente da Asociación de Melindreiros Terra Doce, Alberto Rodríguez; e o barista profesional do café Venecia de Santiago, Óscar de Toro.