A Cámara de Comercio de Santiago acompaña mañá a empresas dos sectores de materiais de construción, alimentación e téxtil nunha misión comercial a Israel

israel1As exportacións galegas a este país de Oriente Próximo aumentaron máis dun 62% no último ano

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, dentro do Plan de Fomento das Exportacións Galegas (Foexga) que patrocina a Consellería de Economía e Industria, organiza a partir de mañá sábado e ata o xoves-9 de maio unha misión comercial directa a Israel. Participarán empresas galegas dos sectores de materiais de construción, alimentación e textil.

 

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago acompaña mañá a empresas dos sectores de materiais de...

O viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago celebra un networking para emprendedores e empresas o próximo xoves

networkingA experta e formadora do Grupo Affines, Marisol Vázquez, impartirá un relatorio orientado a fomentar as relacións profesionais

O viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago (Polígono de Costa Vella. Rúa República Checa, 40) ofrece mañá xoves, 2 de maio, a sesión formativa “Concectando Empresas”, entre as 9:30 e as 11:30 horas. Trátase dunha xornada gratuíta de networ­king, impartida pola formadora e experta en xestión de equipos comerciais do Grupo Affines, Marisol Vázquez. Está organizada pola entidade empresarial AJE Santiago, en colaboración co Concello e a Cámara de Comerci de Santiago.

As empresas e emprendedores composteláns serán os protagonis­tas desta xornada, onde terán a oportunidade de ampliar a súa rede de contactos empresariais e a súa formación co obxecto de mellorar a súa xestión empresarial. Marisol Vázquez desvelará os segredos do networking, un foro empresarial deseñado para fomentar as relacións profesionais. “Estes encontros son unha gran oportunidade para compartir impresións ou vender o teu proxecto” –indicou–.

Para triunfar nestas citas, Marisol Vázquez aconsella preparar un discurso breve e atractivo, fundamentado en ideas claras e sólidas, e falar con todos os participantes. E para sacar o máximo proveito a estas entrevistas profesionais rápidas, o empresario ou emprendedor debe dispoñer de diferentes tipos de tarxetas de presentación que reflictan unha imaxe profesional axeitada, que poderá entregar ás persoas interesadas en establecer o contacto.

Ademais, Marisol Vázquez considera necesario coñecer as vantaxes das redes sociais, como LinkedIn, idóneo para relacións B2B ou bussines to bussines, Facebook para prácticas B2C ou bussines to consumer e Twitter para expertos en tecnoloxías da información.

A Cámara de Comercio de Santiago facilitará ás empresas da súa demarcación os certificados dixitais obrigatorios da Seguridade Social

certificadoAs pemes recibirán axuda para adaptarse á e-Administración e mellorar a súa competitividade, eliminando a comunicación en papel para aforrar tempo e diñeiro

Esta normativa entrou en vigor o pasado 1 de abril

A Cámara de Comercio de Santiago ofrece ás empresas da súa demarcación cameral os certificados dixitais de Camerfirma para facer fronte á obrigatoriedade das notificacións electrónicas da Seguridade Social (NOTESS). A demarcación da Cámara de Comercio de Santiago abrangue a 32 concellos do sur da provincia da Coruña e rexistra actualmente 37.170 licenzas do Imposto sobre Actividades Económicas (I.A.E.).

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago facilitará ás empresas da súa demarcación os certificados...

A Cámara de Comercio de Santiago ofrece aos empresarios do Barbanza servizos de información e asesoramento empresarial

febO presidente cameral reuniuse hoxe coa Federación de Empresarios do Barbanza para establecer un acordo de colaboración

O presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, reuniuse hoxe en Boiro co titular da Federación de Empresarios do Barbanza (FEB), José Ramón Romero, e outros representantes de asociacións de empresarios da comarca como o presidente da Asociación de Empresarios da Pobra do Caramiñal, Manuel Tomé. Á reunión asistiron tamén o secretario da FEB, Víctor Campaña, o seu homólogo cameral, Fernando Barros, e a responsable da Antena Local de Boiro da Cámara de Comercio  de Santiago, Sandra Becerra. O encontro institucional serviu para establecer colaboracións futuras en materia de asesoramento empresarial.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago ofrece aos empresarios do Barbanza servizos de información e...

A Cámara de Comercio de Santiago propón á Deputación da Coruña colaborar en materia de emprendemento nos concellos cabeceira da súa demarcación cameral

calvoDiego Calvo visitou hoxe as instalacións do viveiro empresarial de Costa Vella, acompañado polos alcaldes de Santiago, Ribeira e Melide

O viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago (Polígono de Costa Vella. Rúa República Checa, 40) recibiu hoxe a visita do presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, que estivo acompañado polo presidente cameral, Jesús Asorey, o director da Fundación Incyde (Instituto Cameral para la Creación y Desarrollo de la Empresa), Javier Collado, e  o secretario xeral da Cámara de Comercio, Fernando Barros. Ademais, na visita institucional participaron o alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, e a alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago propón á Deputación da Coruña colaborar en materia de...