Empresas de maquinaria conserveira, conxelados, viños e mobles viaxan a Turquía en misión comercial

estambulFernando Pérez-Soba, técnico de internacionalización:

“A balanza comercial de Galicia con Turquía é equilibrada, onde os bens de tecnoloxía industrial e moda son os principais produtos galegos exportados”

Esta acción de internacionalización está programada para os próximos días no marco do Plan Foexga

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela organiza os  próximos días (do 26 ao 31 de maio) unha misión comercial directa a Turquía na que viaxarán seis empresas galegas dos sectores da maquinaria conserveira, conxelados, viños e mobles. Esta misión comercial enmárcase no Plan de Fomento das Exportacións Galegas (FOEXGA), patrocinada pola Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia coa participación de todas as Cámaras galegas a través de Fondos Feder.

Ler máis: Empresas de maquinaria conserveira, conxelados, viños e mobles viaxan a Turquía en misión comercial

O Foro Cívico Empresarial presenta á Secretaría General de Transportes as súas propostas para o sistema aeroportuario galego

lavacolla1O colectivo realizará unha sondaxe para averiguar que empresas estarían interesadas en instalarse na vella terminal de Lavacolla

Representantes do Foro Cívico Empresarial, o presidente e o secretario xeral da Cámara de Comercio de Santiago –Jesús Asorey e Fernando Barros respectivamente–, reuníronse hoxe en dependencias do Ministerio de Fomento coa secretaria general de Transportes, Carmen Librero, para trasladarlle as opinións do colectivo compostelán en materia aeroportuaria de Galicia. Á reunión asistiron tamén o director do Grupo II de Aeroportos de Aena, Pedro Alberto Bendala, e dous asesores da Secretaría General de Transportes.

Durante unha hora e media, os representantes do Foro Cívico Empresarial compartiron coa Secretaría General de Transportes as opinións deste colectivo, composto polas principais institucións, asociacións e colexios profesionais de Santiago de Compostela, abrindo a canle de comunicación para o envío de propostas en materia aeroportuaria (recentemente enviáronse dous informes e nos próximos días entregarase un novo documento).

O primeiro dos postulados que puxeron sobre a mesa foi a necesidade de intervir e paralizar os investimentos nas infraestruturas aeroportuarias galegas, aspecto que non depende da Secretaría General de Transportes. Polo contrario, este departamento indicou que o papel da comisión de coordinación dos aeroportos de Galicia será coordinar aos tres aeródromos en materia de rutas, e os técnicos de Aena serán os responsables de elaborar proximamente un plan estratéxico para desenvolver as infraestruturas aeroportuarias da Comunidade Autónoma. Unha vez se publique o decreto, crearase a comisión de coordinación e presentarase o informe técnico. Neste punto, a Secretaría General de Transportes explicou que a rede de aeroportos de Aena traballa con flexibilidade e pretende establecer unha xestión aeroportuaria baseada  na “eficiencia e eficacia” en termos de rendibilidade, algo que o Foro Cívico defende.

En canto á cuestión das subvencións locais encubertas ás compañías privadas de transporte aéreo, os representantes do Foro mostraron a súa oposición pola distorsión que supoñen para o mercado, mentres que a Secretaría General de Transportes dixo que polo momento non tiñan informes ao respecto e descoñecían os detalles deste tema.

Por outra parte, o Foro expresou a súa opinión sobre o posible uso da vella terminal de Lavacolla, coa proposta da instalación de empresas vinculadas aos sectores da innovación e as novas tecnoloxías con necesidades concretas que precisen da proximidade co aeroporto. O colectivo compostelán realizará unha sondaxe para averiguar que empresas estarían interesadas nunha ubicación aeroportuaria. O departamento de Transportes estudará esta posible solución sempre que se garanta a súa viabilidade. As empresas interesadas en ubicarse na vella terminal poden poñerse en contacto coa Cámara de Comercio de Santiago (rúa San Pedro de Mezonzo, 44. 981 596 800).

A Cámara de Comercio de Santiago asina con COGAMI un convenio para impulsar o emprego dentro do colectivo da discapacidade

cogamiControlarase o cumprimento da cota obrigatoria do 2 por cento de persoas con discapacidade contratadas

Estableceranse plans de formación conxuntos con posibilidade de prácticas nas empresas asociadas á entidade cameral

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela asinou hoxe coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) un convenio de colaboración que servirá para impulsar a integración social e laboral das persoas con discapacidade. O acto estivo encabezado polo titular cameral, Jesús Asorey, e o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga. Os presidentes da Cámara de Comercio compostelá e de COGAMI comprométense, a través deste convenio de colaboración, a intercambiar información e documentación actualizada das actividades e proxectos que desenvolven.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago asina con COGAMI un convenio para impulsar o emprego dentro do...

O Foro Cívico Empresarial solicita que se paralicen todos os investimentos en infraestruturas aeroportuarias e as axudas locais encubertas ás compañías privadas de transporte aéreo

forocivicoA infraestrutura central do Aeroporto Internacional de Lavacolla sería “máis que suficiente para dar resposta ás necesidades de mobilidade  dos cidadáns galegos, garantida polas frecuencias e servizos”

O presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey, manterá mañá en Madrid un encontro coa secretaria General de Transportes

O Foro Cívico Empresarial ofreceu hoxe unha rolda de prensa, encabezada polo seu voceiro Carlos García Cumplido, para trasladar á cidadanía a súa preocupación polo futuro da política aeroportuaria de Galicia. Nesta comparecencia estiveron presentes representantes de diversas institucións, asociacións e colexios profesionais da cidade (Cámara de Comercio de Santiago, Universidade de Santiago de Compostela, Fundación Catedral de Santiago, Asociación de Empresarios de Hostelería de Santiago y Comarca, Fundación Santiago Centro, Asociación de Empresarios del Polígono del Tambre, Rotary Club Santiago, Real Sociedad Económica de Amigos del País, Fundación Ruta Xacobea de Mar de Arousa e Ulla, Colexio de Avogados de Santiago, Colexio de Economistas, Colexio de Arquitectos de Galicia e Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais).

Ler máis: O Foro Cívico Empresarial solicita que se paralicen todos os investimentos en infraestruturas...

A Cámara de Comercio de Santiago manifesta a súa satisfacción pola aposta do Goberno de España pola continuidade destas institucións

leyDestaca a súa vixencia e avoga por unha lei perdurable que consolide o sistema cameral español

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela manifesta a súa satisfacción pola aposto do Goberno de España pola continuidade destas institucións empresariais, tal como fundamenta o Anteproxecto de Lei de Cámaras de Comercio recentemente presentado polo Consello de Ministros. Do texto, a entidade compostelá destaca as referencias ao criterio de utilidade pública e de vocación de servizo cara as empresas, especialmente as pemes.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago manifesta a súa satisfacción pola aposta do Goberno de España...