Portugal suprime as guías de circulación para vehículos profesionais

guiaA Cámara de Comercio de Santiago informa que o Gobierno portugués, a través da súa autoridade tributaria e aduaneira, emitiu unha circular informando da fin da esixencia para os vehículos profesionais e de autónomos procedentes doutros estados membros da Unión Europea da tenencia dunha Guía de circulación. Pola contra, esta obriga permanecería por exemplo para os cidadáns portugueses, traballadores por conta allea que se desprazaran por Portugal con vehículos de empresas españolas.

Ler máis: Portugal suprime as guías de circulación para vehículos profesionais

A Cámara de Comercio de Santiago inaugura en abril o programa de creación e consolidación de empresas culturais na Cidade da Cultura

culturaParticiparán un máximo de 25 proxectos empresariais relacionados coas artes e as novas tecnoloxías audiovisuais

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Santiago de Compostela inaugurará o próximo 8 de abril o programa de creación e consolidación de empresas culturais e creativas, que se impartirá de forma gratuíta na Biblioteca e Arquivo de Galicia da Cidade da Cultura ata o 31 de maio. Esta acción formativa está cofinanciada pola Fundación da Cidade da Cultura de Galicia e o Fondo Social Europeo.

 

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago inaugura en abril o programa de creación e consolidación de...

A Cámara de Comercio de Santiago organiza unha misión comercial a Israel en maio, un mercado de grande interese para Galicia

IsraelAs exportacións galegas aumentaron o seu valor en máis dun 62% no último ano

Produtos como roupa, viño, conservas ou aceite de oliva teñen boa acollida no país

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, dentro do Plan de Fomento das Exportacións Galegas (Foexga) que patrocina a Consellería de Economía e Industria, organiza unha misión comercial directa a Israel entre os días 4 e 9 de maio. As empresas interesadas en participar nesta acción de internacionalización poderán inscribirse ata o mércores, 27 de marzo.

Ler máis: A Cámara de Comercio de Santiago organiza unha misión comercial a Israel en maio, un mercado de...

A Cámara de Comercio de Santiago introduce a empresas no século XXI con servizos de cloud computing

nubeA Nube é unha ferramenta que garante redución  de custos e mellora da produtividade nas organizacións

A xornada impartirase o mércores a partir das 17:00 horas no salón de actos cameral

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela  ofrecerá o próximo mércores, 20 de marzo, unha xornada gratuíta sobre os riscos e vantaxes do cloud computing, coñecido como a Nube das organizacións. Esta xornada, enmarcada dentro do Programa Feira do Coñecemento, impartirase no salón de actos cameral a partir das 17:00 horas a cargo de Juan Carlos Hidalgo e Juan Pablo Plaza, executivos e socios da empresa smartcloud. A xornada será eminentemente práctica e ofrecerase unha demo en directo sobre aplicación prácticas do cloud para as pemes, para que os asistentes teñan unha idea clara dos beneficios e riscos asociados a un salto ao cloud computing.

O principal obxectivo deste seminario é que as empresas participantes coñezan os riscos e  aproveiten as vantaxes do cloud computing, da man de Google e Smartcloud. O cloud computing é unha nova maneira de entender e explotar os servizos TI (Tecnoloxías da Información). A asunción das solucións que aporta o cloud redundan nunha serie de beneficios fundamentais para as empresas: redución de custes directos, mellora da produtividade dos empregados e profesionais, e axuda ás empresas a converterse de xeito sinxelo e eficiente en entidades do século XXI. “O cloud computing establece un cambio técnico e permite a escalabilidade técnica e a eliminación dos procesos de actualización” –apunta Juan Carlos Hidalgo–.

As aplicacións comerciais tradicionais foron sempre complicadas e caras, posto que precisan dunha gran cantidade e variedade de hardware e software, ademais da axuda de expertos na súa instalación, configuración e mantemento. O técnico de Innovación da Cámara de Comercio de Santiago, Anselmo Díaz, explica que aparentemente e grazas ao cloud computing as empresas poden esquecerse desas complicacións trasladando a responsabilidade da xestión técnica a un provedor experimentado que traballa a distancia.

“A infraestrutura compartida fai que funcione como unha utilidade. Só pagamos polo que necesitamos, as actualizacións son automáticas e a ampliación ou redución do servizo comprende un proceso sinxelo. As aplicacións baseadas na Nube poden implementarse e executarse en cuestión de horas e custan menos. Cunha aplicación da Nube, só hai que abrir un explorador, rexistrarse, personalizar a aplicación e empezar a usala” –salienta Anselmo Díaz–.

Por outro lado, o técnico da Cámara destaca que non se debe olvidar a mobilidade que aporta a Nube, accedendo a aplicacións e a datos desde calquera lugar coa única condición de posuír acceso a Internet. Como crítica, moitos expertos indican que o cloud computing provoca unha perda de liberdade para a empresa que pasa a depender dun provedor deixando a privacidade e os datos persoais en mans de terceiros.

Esta xornada forma parte do Programa Innovación e Transferencia do Coñecemento – Feira do Coñecemento –, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e as Cámaras de Comercio. A Feira do Coñecemento focalízase nun dos retos clave para a economía española, desenvolver unha dinámica de innovación estratéxica para as pemes que fundamente unha competitividade máis sólida e un crecemento máis sostible, servíndose dun modelo de transferencia orientado a resultados, pensado para a especificidade da pequena e mediana empresa española.

Emprendedores do viveiro de Costa Vella participarán no encontro nacional de viveiristas

emprenderA responsable da incubadora, Rosa Cardeso, impartirá unha sesión informativa sobre boas prácticas financeiras para o emprendemento

Celebrarase mañá xoves no municipio madrileño de San Sebastián de los Reyes

O viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago participará no III Encontro Nacional de Viveiristas, que se celebrará mañá xoves, 14 de marzo, no Centro de Formación de San Sebastián de los Reyes (Madrid). Asistirán catro emprendedores –as empresas 4Gotas, Aguilar Abogados, Wayna Consultora e Innovación Sostenible–, acompañados pola responsable da incubadora empresarial, Rosa Cardeso.

Ler máis: Emprendedores do viveiro de Costa Vella participarán no encontro nacional de viveiristas