O balneario Termas de Cuntis acolle o sábado a 2ª Fin de Semana da Moda na Vila Termal

Desfilarán 120 modelos coas últimas tendencias en moda infantil e xuvenil, de cerimonia, tallas grandes, lencería, roupa de baño, calzado e complementos artesanais

Participarán 28 tendas, salóns de peiteado e fotógrafos de Cuntis, Caldas de Reis, Barro, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Sanxenxo, Marín, Pontevedra, Vigo e Ourense 

O balneario Termas de Cuntis acolle este sábado, día 26, a “2ª Fin de Semana da Moda na Vila Termal”, organizado por mozas empresarias da vila. O evento, que se celebrará no Xardín das Termas do balneario ás 18:00 horas, conta coa colaboración de Termas de Cuntis, Deputación de Pontevedra, Concello de Cuntis, a asociación Cuntis Comercial Vila Aberta (Cucoba), a empresa de animación infantil Isa Naveiro, a revista de bodas galega Magazine Tevasacasar, o DJ Arial Write e a Floristería Xuncos.

O desfile, que estará presentado pola cantante Karla Lima e a directora en Galicia da revista Tevasacasar Mai Andres, contará coa participación de quince tendas de roupa, complementos e calzado, sete salóns de peiteado e seis estudios de fotografía de Cuntis, Caldas de Reis, Barro, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Sanxenxo, Marín, Pontevedra, Vigo e Ourense. Desfilarán máis de 120 modelos –mulleres, homes e nenos e nenas de todas as idades– que amosarán ao público as últimas tendencias en moda nupcial e de comuñón, atelier de alta costura e sombreirería, tocados, lencería, moda de baño, infantil, calzado, complementos artesanais e alta xoiaría.

Ademais, o evento iniciarase coa actuación dos grupos de música e baile tradicionais Hai que Roelo e a Agrupación Municipal de Música y Baile Tradicional de Cuntis. Ofrecerase tamén aos asistentes unha degustación gratuíta de aperitivos.

As blogueras do momento en Cuntis

O desfile, que contará coa ambientación musical do Dj compostelán Arial Write, contará coa presenza das blogueras do momento Melisa Lorenzo, El consejo de Silvia, Anouckinha’s Closet e Raquel Gamallo (Blogs: @Melisa_Lorenzo, @Elconsejodesilvia, @Maquisejuliette, @Anouckinha’s Closet, @Raquel_Gamallo).

Listado de tendas de roupa, complementos, salóns de peiteado e fotógrafos participantes: Trasniños (Barro), El armario de Bubu (Cuntis), Kukubara (Barro), Bottino and tacoo (Cuntis), Coquette baño (Sanxenxo), Top moda (Cuntis), Kaau’s (Caldas de Reis), Kolota (Cuntis), Mis puntadas (Barro), O rincón das burgas (Cuntis), Silueta tallas diferentes (Pontevedra), Agora (Caldas de Reis), Carelli (Caldas de Reis), Noelia Peña e Charo López (Sanxenxo), Conchy Martínez (Caldas de Reis),  Natalia Doldán (Ourense), El tocador de Sandra (Caldas de Reis), Peluquera Raquel Magariños (Cuntis), Beatriz Pintos (Pontevedra), Peluquería Andrea (Cuntis), Peluquería Zaida (Marín), Peluquería Isabel (Cuntis), Antonio Portela (Vigo), Annel estudio (Vilagarcía de Arousa), Merchy Gómez fotógrafo (Pontevedra), Rubén fotógrafo (Vilanova de Arousa), ene-A fotógrafos (Cuntis),Tania Bouzón (Vigo).