O asturiano Abel Jurado gaña o “II RallyMix Cuntis Vila Termal”

O balneario Termas de Cuntis patrocinou esta proba que puntuou para o campionato galego da especialidade 

O “II RallyMix Cuntis Vila Termal” finalizou onte tras unha fin de semana pasada por auga, circunstancia que non lle restou emoción á proba patrocinada polo balneario Termas de Cuntis, que puntuou para o campionato galego da especialidade.Baixo a organización da Escudería Cuntis Vila Termal e en colaboración co Concello de Cuntis, Protección Civil de Cuntis, Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Fundación Deporte Galicia, Federación Galega de Automobilismo e a  Escudería Charly Romeo, a segunda edición deste rallymix foi apadriñada polo piloto andorrano Albert Llovera, que viaxou ata a vila pontevedresa grazas ao patrocinio de Termas de Cuntis onde se hospedou durante a súa estancia.

O piloto asturiano Abel Jurado conseguiu a vitoria. En segunda posición quedou o piloto cuntiense José Miguel Martínez Barreiro “Bamarti” e como terceiro clasificado na clasificación xeral Celestino Iglesias.