A documentalista da cadea SER Ángeles Afuera, recentemente xubilada, dará mañá senllas charlas en Ciencias da Comunicación e Antigos Alumnos. “Confío en el futuro de la radio, porque sigue siendo inmediata, tiene credibilidad y su mayor aliado es la imaginación del oyente”. As súas intervencións serán o mércores ás 11 na facultade e ás 19 horas na Casa da Concha

A histórica documentalista da cadea SER Ángeles Afuera, que se xubilou recentemente, impartirá senllas charlas mañá mércores na cidade. Ás 11 estará na facultade de Ciencias da Comunicación na que falará aos estudantes do papel dos documentalistas de radio e de como esta profesión pasou a ser esencial nos medios de comunicación, “non só como arquiveiros, senón como xestores da información e moitas veces xornalistas especializados en facer memoria ou contextualizar as informacións”.

A singular voz radiofónica destaca que a clave son os profesionais da documentación, “que saben cómo guardar para poder recuperar en tiempo récord lo que se necesita exactamente”; e cualifica de erro pensar que todo está en Google, “un enorme hangar donde uno se pierde”, así como que por meter todo nun disco duro xa se posúe un arquivo organizado.

Xa pola tarde, a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC organiza un faladoiro coa profesional, que se celebrará ás 19 horas na Casa da Concha (rúa Conga, 1), na que conversará sobre o medio en xeral, facendo un repaso desde a radio de galena ata a radio informativa de hoxe: “Sonidos de toda la vida”.

Afuera sostén que a radio se atopa hoxe nunha encrucillada similar á que viviu coa chegada da televisión: “Creo que como medio de comunicación tiene que adaptarse a nuevos canales y soportes, pero confío en su futuro porque sigue siendo inmediata, tiene credibilidad y su mayor aliado es la imaginación del oyente”. Así e todo recoñece que o problema é captar a atención das novas xeracións, “que ya no se informan por la radio, sino por los tweets que les llegan al móvil en cualquier momento”.

A radio para Ángeles foi un “afán” diario durante corenta anos, nos que escribiu innumerables guións, textos e novas. “Salí miles de horas en antena –agrega– contando las cosas más dispares, he peleado por la conservación de cientos de miles de voces y de declaraciones, hasta conformar un archivo sonoro con mayúsculas, he creado un departamento que hoy es incontestable en la SER y ahora sigo investigando en la historia de mi emisora: Radio Madrid. Está claro que la radio ha sido mi vida”.