O balneario de Cuntis expón dez óleos de Laureano Troitiño con paisaxes realistas que seguen unha temática rural, urbana e de mariñas. “A miña pintura ten como elemento singular ceos moi vivos e esplendorosos”. A mostra “Naturaleza viva. Pinceladas coloristas de pintura” poderase visitar a partir de mañá mércores ata o vindeiro 16 de decembro

O vestíbulo, a cafetería e zona de recepción do hotel La Virgen do Balneario Termas de Cuntis expón a partir de mañá mércores, 16 de novembro, unha mostra de pintura de Laureano Troitiño. A exposición “Naturaleza viva. Pinceladas coloristas de pintura” poderase visitar ata o vindeiro 16 de decembro.

A mostra está composta por dez pinturas ao óleo onde se recrean diversas paisaxes do rural galego, de zonas urbanas e de mariñas, como a igrexa de Cuntis, diferentes recunchos da cidade de Pontevedra, a praia da Lanzada de Sanxenxo ou mesmo paisaxes de fóra de Galicia como as recreacións da provincia de Burgos. De forma xeral, a súa obra está coidadosamente elaborada e caracterízase por ter un gran impacto visual que a fai máis atractiva. O pintor imprime en todos os seus cadros de paisaxes unha gran dose de realismo, con fin de transmitir unha veracidade coa que consegue facilmente transportar ao espectador á escena pintada.

A temática más recorrente na súa obra é a natureza viva. A luz e a minuciosa técnica de Troitiño, composta por degradados, difuminados e veladuras, rebélase contra esa aseveración casi xeralizada de que A paisaxe galega é melancólica, triste e brumosa. Alonxado totalmente desta crenza popular, a súa pintura está pragada de ceos esplendorosos, cuns azuis cheos de vida e alegría, salpicados dalguna que outra nube que non rompe o encanto do lienzo. “A miña pintura caracterízase por ter como elemento singular ceos moi vivos e esplendorosos”–explica o pintor–.

Laureano Troitiño (Cotobade, Pontevedra. 1955) comezou a desenvolver a súa afección pola pintura nos tempos no que era estudante de bacharelato, pero non desenvolveu a súa gran paixón pola arte ata hai apenas seis anos. Comezou os seus estudos técnicos de debuxo e pintura coa profesora e licenciada en Belas Artes Cristina Martínez, e logo proseguiu o seu camiño formativo en solitario de maneira autodidacta. Participou recentemente en varias exposicións co obxecto de dar a coñecer a súa obra e xa algúns dos seus cadros están diseminados por Galicia, Madrid, Valencia, Bilbao e París. Pertence ao grupo Artistas Pontevedreses.

oleo-san-francisco-pontevedra oleo-santa-maria-de-cuntis