A luz e o silencio das creacións artísticas de Carmen Torres poderanse apreciar na exposición aberta ata o 20 de xullo no Centro Empresarial do Tambre

O seu estilo pictórico garda unha estreita relación coa fotografía e os lenzos lembran ao proceso de revelado analóxico  “O fío condutor é provocar sensacións e sentimentos no espectador” A Asociación Área Empresarial do Tambre (AEPIT) inaugurará hoxe luns, día 25, a exposición “(Ir)realidades (re)veladas” da pintora Carmen Torres. O acto será ás 20:00 horas…

A Asociación Área Empresarial do Tambre recibe un recoñecemento da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue pola súa “solidariedade e contribución á doazón de sangue en Galicia”

Recolleu a distinción o secretario do entidade Ramón Lois nun acto que se celebrou hoxe no Museo do Gaiás  Ambos organismos levan máis de vinte anos colaborando para difundir entre os empresarios do polígono a necesidade de doar sangue A Asociación Área Empresarial do Tambre (AEPIT) recibiu hoxe un galardón outorgado pola Consellería de Sanidade…

Albino Jolas, Antonio Abad, Nando Pereiro, Nietto e Suly expoñen as súas pinturas e esculturas na exposición conxunta “4+1 Divergencias” no Centro Empresarial do Tambre

A mostra é a expresión sincera de cinco artistas que nos achegan aos seus traballos co prisma da sinceridade, do bo facer desas sensacións eternas que percorren a historia da arte  Inaugurarase hoxe martes, ás 20:00 horas, e estará aberta ao público ata o 22 de xuño A Asociación Área Empresarial do Tambre (AEPIT) inaugurará…

A Área Empresarial do Tambre imparte cursos de manipulación de alimentos e manexo de carretillas elevadoras para poder traballar nun almacén, empresa de loxística ou tendas de alimentación

Son formacións para desempregados do Plan Integrado de Emprego “Tambre Traballa III”, subvencionado pola Consellería de Economía a través dos programas da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral A Asociación Área Empresarial do Tambre (AEPIT) iniciará nos vindeiros días dúas accións formativas para os participantes do Programa Integrado de Emprego “TAMBRE TRABALLA III”. En…

Os asociados do Tambre poderán aplicar aos seus vehículos un tratamento gratuíto antichuvia durante toda a semana

O servizo, que forma parte dunha campaña da Asociación Área Empresarial do Tambre e a correduría de seguros Clemente Piñeiro, ofrecerase na gasolineira Galuresa do polígono A Asociación Área Empresarial do Tambre (AEPIT) e a correduría de seguros Clemente Piñeiro, en colaboración coa gasolineira Galuresa do polígono, poñen en marcha esta semana, desde hoxe e…

A Área Empresarial do Tambre inicia un curso de xestión comercial para mellorar a empregabilidade de doce composteláns

Forma parte do Plan Integrado de Emprego “Tambre Traballa III”, subvencionado pola Consellería de Economía a través dos programas da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral  A asociación aposta decididamente pola formación continua como a “mellor vía para obter emprego”, actualizando coñecementos e adquirindo novas destrezas A Asociación Área Empresarial do Tambre (AEPIT) iniciou…

Page 1 of 2
1 2