A Cámara de Santiago prepara a directivos nos principios do coaching para que se desenvolvan profesionalmente e alcancen máis produtividade no traballo

Celebrarase desde o día 21 ao 2 de decembro nas aulas formativas da entidade

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela programa un curso de introdución ao coaching que dará comezo o día 21 de novembro. A formación, que impartirá Quelqum Servicios para Empresas, celebrarase nas aulas formativas da Cámara ata o vindeiro 2 de decembro, de luns a venres en horario de 20:00 a 22:00 horas.Durante vinte horas, os asistentes adquirirán técnicas que lles permitan fomentar a súa comunicación verbal e positivizar o contido das súas mensaxes. Ademais, aprenderán a crear un ambiente de confianza para facer máis fluída a comunicación e serán capaces de discernir entre os diferentes niveis de escoita e practicalos co fin de distinguir as incoherencias entre a linguaxe verbal e a corporal, e formular obxectivos e planificar accións para conseguilos.

O curso está dirixido a mandos intermedios de cualquera área de responsabilidade dunha empresa, xerentes e directores xerais que desexen desenvolverse como directivos e mellorar na dirección de persoas. En xeral, a formación está dirixida a persoas interesadas en coñecerse persoalmente, desenvoler habilidades directivas e profesionais e mellorar os seus procesos psicolóxios desde unha posición de equilibrio e satisfacción persoal, e aumentar a eficiencia e produtividade no traballo.

Creación de escaparates con criterios de exposición, cor e iluminación

Ademais, a Cámara de Santiago celebrará nesas mesmas datas –do 21 de novembro ao 2 de decembro, de 20:00 a 22:00 horas­– un curso de Escaparatismo e visual merchandising. A asesora de imaxe e docente de Somos Asesores de Imagen, Miryam Giménez, tentará sensibilizar e convecer aos participantes da “eficiencia e rendibilidade” en imaxe e vendas da actualización dos seus negocio, atraendo a novos clientes e usando o espazo, a cor e a luz para presentar os seus produtos con ideas e formas actuais.

Na formación, explicaranse os  coñecementos necesarios para o deseño dun escaparate orixinal, descubrindo as novas tendencias. Os alumnos aprenderán a realizar montaxes, atendendo a diferentes temáticas e tendo en conta criterios de exposición, cor e iluminación.

escaparea