O torneo “Termas de Cuntis” de fútbol-8 celébrase esta fin de semana no campo de A Ran coa participación de 32 equipos de nenos

Organizado polo club Atlético de Cuntis e a empresa balnearia da vila, reunirá a medio milleiro de rapaces de menos de doce anos da zona de Pontevedra, Vilagarcía e Santiago

O club Atlético de Cuntis e Termas de Cuntis organizan conxuntamente a celebración esta fin de semana do torneo “Termas de Cuntis” de fútbol-8, que este ano cumpre a terceira edición. O Concello da localidade e a Deputación de Pontevedra patrocinan o evento, que tamén conta coa colaboración dos establecementos hosteleiros e comerciais da zona.

Está prevista a participación de 32 equipos, que suman case medio milleiro de nenos, entre o sábado e o domingo en horario de 10 a 20 horas. Catro categorías integran o torneo:

Biberón (4 e 5 anos) –domingo–

Prebenxamín (6 e 7 anos) –sábado–

Benxamín (8 e 9) –sábado–

Alevín (10 e 11) –domingo–

A competición celebrarase durante o sábado e o domingo en horario de 10 a 20 horas. Os equipos participantes proceden das bisbarras de Santiago, A Estrada, Lalín, Vilagarcía de Arousa e Pontevedra. A organización traballa co obxecto de converter o torneo na referencia anual da canteira galega de futbolistas.

Os premios consisten en medallas, trofeos e pases para o Acquaform de Termas de Cuntis. Zona de xogos, con inchables, e festa da escuma ao final do domingo complementarán esta festa do fútbol infantil na vila termal. A entrada é libre e gratuíta.IMG-20160616-WA0003