A oficina Paisaje Transversal propón a “innovación urbana” como método para desenvolver o urbanismo do futuro

Equipos multidisciplinares, participación cidadá, ferramentas dixitais, ecoloxía urbana e optimización de recursos son os piares para a transformación do territorio

Impartirá hoxe, ás 20:00 horas, unha conferencia no ciclo “Territorios individuais” da Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos

A Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia celebrará esta tarde, ás 20:00 horas, a segunda conferencia do ciclo “Territorios individuais”, unha iniciativa destinada a acoller distintas visións sobre o espazo público desde disciplinas expresivas transversais ás xentes, espazos e lugares. Jon Aguirre Such, socio da oficina de urbanismo e arquitectura Paisaje Transversal, ofrecerá un relatorio sobre “Innovación urbana ou como repensar o urbanismo do XXI”. O arquitecto desenvolverá o concepto de “innovación urbana” . “Tras una época en la que lamentablemente se han generado monstruos urbanísticos y arquitectónicos en las ciudades, como herramientas para la corrupción, es nuestra responsabilidad cambiar esta situación y buscar nuevas formas de pensar en materia urbanística” –explica el arquitecto–.

Segundo Aguirre Such, a innovación urbana susténtase en catro piares básicos. O primeiro é a multidisciplinariedade, ou como conseguir que distintas perpectivas multidisciplinares dialogen sobre as transformacións urbanas, compostas por equipos de profesionais diversos, desde arquitectos, xeógrafos, sociólogos, antropólogos ou mesmo comunicadores.

Outra idea básica neste novo concepto de innovación urbana é a participación cidadá. “Las personas que habitan el territorio tienen que tener un papel destacado en la transformación de las ciudades” –resalta o arquitecto–. As novas ferramentas dixitais, como as redes socias, son outro elemento diferenciador que axuda a expandir estas cuestións.

Outro elemento clave é a ecoloxía urbana e a optimización de recursos. Aguirre Such indica que calquera acción urbanística debe ir encamiñada a mellorar os ecosistemas. Para alcanzar este obxecto, o arquitecto considera que deben intervir no proceso unha gran variedade de departamentos das Administracións Públicas ou outras entidades, desde a área de Urbanismo, ata Economía ou mesmo Servizos Sociais, que poden aportar ou seus recursos e programas para ter unha “estratexia integral” e capacidade para xestionar a complexidade do urbanismo dun territorio. “Establecemos una negociación urbana para traducir las ideas de los diversos agentes y articular procesos de trabajo conjunto a favor del urbanismo” –explica–.Jon Aguirre Such