A Cámara de Comercio axuda a crear setenta empresas e outros tantos postos de traballo en 2015 con programas de asesoramento a emprendedores

Ocupa o segundo posto no indicador do programa de axuda ao emprendemento de mulleres –PAEM– en España

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2016 (Vía Láctea Comunicación).- A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela traballa de maneira continuada na creación de empresas, ofrecendo asesoramento a emprendedores. En 2015, a entidade atendeu as consultas de 648 usuarios, que presentaron 825 demandas de asesoramento, e colaborou na creación de 70 empresas que xeraron 66 postos de traballo asalariado.

A Cámara facilita a través dun servizo de creación e consolidación de empresas información relacionada coa posta en marcha dun proxecto empresarial, “orientando e asesorando aos emprendedores” en diversas materias. A técnico Rosa Cardeso axuda aos emprendedores a definir o seu proxecto empresarial e a elaborar un plan de empresa. Además, responde a dúbidas sobre as formas xurídicas e os trámites de constitución, administrativos, laborais e fiscais. Así, os emprendedores xa se poden centrar unicamente na posta en marcha da empresa establecendo relacións con proveedores e clientes, analizando as estratexias de xestión e de marketing.

En concreto, o Programa de Apoio Empresarial á Muller (PAEM) da Cámara de Comercio de Santiago rexistrou 491 usuarias, 626 demandas de asesoramento, ademais de crear 49 empresas e 57 postos de traballo asalariado durante 2015. Estes datos sitúan á Cámara de Comercio de Santiago no segundo posto do ranking do PAEM en España, segundo o seu nivel de demandas de asesoramento e cooperación, proxectos, empresas creadas, emprego xerado e microcréditos tramitados.

O PAEM ten como obxecto básico sensibilizar ás mulleres e ao seu contorno cara o autoemprego e a actividade empresarial e actuar como instrumento eficaz para a creación e consolidación de empresas. A Cámara de Comercio de Santiago desenvolve desde hai máis dunha década este programa específico de apoio empresarial á muller, que demostrou ser “un instrumento eficaz” tanto para crear e consolidar empresas lideradas por mulleres como para fomentar no xénero feminino cualidades como a cooperación e a innovación empresarial e tecnolóxica. O programa naceu a través dun convenio asinado entre a Secretaría de Estado de Servicios Sociales e Igualdad do Ministerio de Sanidad e a Cámara de Comercio de España, con financiamento do Fondo Social Europeo.

A través do Programa de Asesoramento a Emprendedores, a Cámara tamén presta asesoramento personalizado a emprendedores que por razón de xénero non poden acollerse ás vantaxes do PAEM. En 2015 estableceuse contacto con 157 usuarios que presentaron 199 demandas de asesoramento. Finalmente creáronse 21 empresas e xeráronse 9 postos de emprego asalariado.

Vivero de empresas de Costa Vella