A recoñecida arquitecta catalá Carme Pinós falará sobre a súa obra máis recente na Delegación de Vigo do Colexio de Arquitectos

Analizará en profundidade o proxecto da Escola de Arte e Deseño La Massana de Barcelona 

A conferencia, que forma parte do ciclo Reflexións, celebrarase o venres-23 ás 19:30 horas

A Delegación de Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia organiza o venres, día 23, unha nova conferencia do ciclo de arquitectura “Reflexións”, onde destacados arquitectos de ámbito nacional e internacional se achegan ata a sede viguesa para contar aspectos destacables da súa obra e a súa visión da arquitectura.

Nesta ocasión, ofrecerá un relatorio a arquitecta catalá Carme Pinós. Co patrocinio de Civisglobal, a charla celebrarase ás 19:30 horas na delegación do Colexio (rúa Doutor Cadaval, 5), aberta a todo o público da cidade. Baixo o título “Obra recente”, a arquitecta analizará o proxecto da Escola de Arte e Deseño La Massana. A escola forma parte dun largo proceso de transformación urbana da Praza da Gardunya situada en el caso histórico de Barcelona.

Cunha superficie útil de 11.000 m2, a arquitecta sinala que todo o esforzo do proxecto responde á vontade de crear un espazo interior luminoso, con espazos abertos de relación ao mesmo tempo que desde o exterior o edificio se vexa harmónico coa trama urbana.

Carme Pinós explica que o edificio fracciónase tanto en volumetría como en resolución de fachada en resposta aos edificios circundantes. Co obxecto de darlle un carácter máis singular e escultórico e, á vez, quitar peso ao edificio, a parte que dá á praza descomponse en dous volumes que rotan creando terrazas. Unha peza cerámica a modo de brisoleil cubre esta parte do edificio e permite salientar a súa vontade escultórica ao tempo que protexe a intimidade dos alumnos.

Desde reformas urbanas e obra pública ata o deseño de mobiliario 

Tras licenciarse en arquitectura e urbanismo na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona, Carme Pinós fundou estudio xunto con Enric Miralles co que alcanzou recoñecemento internacional, con proxectos como o Cemiterio de Igualada. En 1991 estableceuse no seu propio estudio de arquitectura, abordando un vasto rango de proxectos que abarcan desde reformas urbanas e obra pública ata o deseño de mobiliario. A súa actitude arriscada e de investigación constante valeulle recoñecemento no mundo levando o nome da arquitectura catalá por Europa e o continente americano.

Entre os seus proxectos recentes destacan o conxunto no centro histórico de Barcelona que comprende a Praza da Gardunya, a Escola de Arte La Massana e a fachada posterior do Mercado da Boquería; ademais sobresaen o Edificio de Departamentos no Campus WU de Viena, a Delegación da Generalitat de Cataluña en Tortosa e as Torres de Oficinas Cube I e Cube II en Guadalaxara.

En 2012 foi nomeada polo International Fellow do Royal Institute of British Architects, e no 2011, Honorary Member do American Institute of Architects. En 2016 foi distinguida coa Neutra Medal for Professional Excellence, outorgada pola Universidade Politécnica de California en Pomona en recoñecemento á súa carreira profesional. Ese mesmo ano, recibiu o Berkeley-Rupp Prize pola súa contribución á promoción da muller na arquitectura e ao seu compromiso social. En 2015, foi galardoada coa Creu de Sant Jordi pola súa achega á cultura.

Entre os numerosos premios e mencións recibidos tamén destacan o Premio Nacional de Arquitectura e Espazo Público da Generalitat de Catalunya pola súa traxectoria profesional (2008); o Primeiro Premio do IX Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo (2008); o Premio ArqCatMón do Colexio Oficial de Arquitectos de Cataluña (2008); o Premio Nacional de Arquitectura do Consello Superior dos Arquitectos de España (1995); o Premio Ciutat de Barcelona (1992); e o premio FAD de Arquitectura polos Edificios de nova planta de uso público (1991).

Durante todos estes anos, Carme Pinós compaxinou a súa actividade como arquitecta coa docencia, sendo profesora convidada, entre outros lugares, na l’École Nationale Supérieure d’Architecture Paris-Malaquais; Harvard University Graduate School of Design; Columbia University en Nova Iork; l’École Polytechnique Fédérale de Lausanne; l’École Nationale Supérieure d’Architecture Paris-Val de Seine e na Università de Venezia. Ao mesmo tempo participou en numerosos seminarios, cursos e talleres, tanto nacionais como internacionais, como o recente W.A.Ve. de Venecia.

Ademais, destaca a súa participación en incontables exposicións internacionais e a presenza da súa obra en recoñecidas coleccións museísticas. No ano 2010, o Centre Pompidou de París adquiriu unha selección de maquetas súas correspondentes aos proxectos de Caixaforum Zaragoza, Hotel Pizota (México) e Maison de l’Algerie, mentres que en 2006 o MOMA neoiorquino mercou para a súa colección permanente a maqueta da Torre Cube I en México.

En 2012 puxo en marcha unha colección de produtos deseñados, producidos e comercializados polo seu propio estudio baixo a marca Objects.