O fundador de Mensajeros de la Paz, o Padre Ángel, ofrecerá unha conferencia na Cámara de Comercio de Santiago o vindeiro 3 de outubro

Falará ás 19:00 horas de “Un mundo mejor es posible”

O próximo 3 de outubro visitará a Cámara de Comercio de Santiago o Padre Angel García Rodríguez (Mieres, Asturias. 1937), fundador en 1962 da Asociación Mensajeros de la Paz. Ofrecerá una charla titulada “Un mundo mejor es posible”, incluída dentro do ciclo de conferencias anual da entidade, a partir das 19:00 horas.Mensajeros de la Paz é unha organización non gobernamental declarada de utilidade pública e de ámbito nacional e internacional. Recibiu entre outros galardóns o Premio Príncipe de Asturias de la Concordia. Na actualidade, a asociación xestiona preto dun centenar de residencias de maiores en difetentes puntos de España e conta con diversos programas sociais, así como con áreas de formación, infancia, muller, maiores ou inmigración, todo enfocado a unha mellora das condicións sociais.

Ante a realidade social e demográfica de España e outros países, onde a poboación envellece a ritmo crecente, ponse de manifesto as necesidades sociais das persoas maiores: soidade, abandono, exclusión social e escaseza de recursos. É entón cando Mensaxeiros da Paz crea a Asociación Idade Dourada en busca dunha resposta adecuada a este colectivo.

Mensajeros de la Paz está legalmente constituída en numerosos países e traballa de forma directa, ou en colaboración, con organizacións locais en distintos programas sociais, de cooperación ao desenvolvemento, asistencia social ou de axuda humanitaria que se desenvolven en 50 países.