A Cámara de Santiago organiza no viveiro de empresas un taller gratuíto para dar a coñecer os mellores sistemas de financiamento empresarial

Ademais das prácticas convencionais, os participantes explorarán novos métodos de financiamento como o Crowdfundig ou o Business Angel 

A entidade sinala que “un de cada cinco proxectos continúa atopando grandes trabas para o acceso ao financiamento ou non se financia da maneira máis axeitada” 

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, en colaboración coa Xunta de Galicia e no marco das actividades da Rede Eusumo, organiza do 26 ao 29 de setembro un taller gratuíto sobre “Como atraer financiamento para a creación dun proxecto empresarial” no viveiro de empresas de Costa Vella, en horario de  9:30 a 13:30 horas. A actividade está destinada a socios e persoas vencelladas a proxectos cooperativos ou de economía social, emprendedores ou persoas interesadas en xeral.

Un dos obxectivos do taller é que os participantes coñezan os distintos sistemas de financiamento de proxectos, tanto públicos como privados, con especial referencia aos máis novidosos e menos empregados como son o Crowdfundig ou o Business Angel. Ademais, os alumnos aprenderán a resolver supostos prácticos sobre o financiamento dunha empresa, coñecerán modelos de prensentación para solicitar financiamento para un proxecto de empresa e analizarán como realizar presentacións eficaces de proxectos.

Desde a Cámara explican que en moitos casos o éxito ou fracaso empresarial está marcado pola capacidade de dispoñer de recursos financeiros “suficientes” para emprender os investimentos necesarios para guiar con éxito unha startup. “Un de cada cinco proxectos continúa atopando grandes trabas para o acceso ao financiamento ou non se financia da maneira máis axeitado” –sinalan–.