Senén Barro ofrecerá o mércores 14 unha conferencia sobre intelixencia artificial na Cámara de Comercio de Santiago

Celebrarase ás 20:00 horas no salón de actos da entidade

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrará o vindeiro mércores, 14 de xuño, unha nova conferencia do seu ciclo anual. O director xeral de RedEmprendia, Senén Barro, ofrecerá una conferencia titulada “Como vai cambiar a túa vida a intelixencia artificial?”, ás 20:00 horas no salón de actos da entidade.

Senén Barro (As Pontes, 1962) é doutor en Física, investigador da área de Ciencias dá Computación e Intelixencia Artificial do CiTIUS da Universidade de Santiago (USC). Foi reitor da USC entre 2002 e 2010, época na que impulsou o perfil innovador e emprendedor da universidade e desenvolveu o “Campus Vida”, recoñecido como Campus de Excelencia Internacional. Foi vicepresidente da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (2008-2010). Actualmente é o director xeral de RedEmprendia, unha rede de 28 das mellores universidades de seis países de América Latina, España e Portugal, orientada á transferencia de I+D e emprendimiento universitario.

O doutor é editor ou autor de sete libros, o último titulado “+Universidade-Especulación” (Netbiblo, 2013) e autor duns 300 artigos científicos. É socio fundador da spin-off SITUM Technologies e membro da Real Academia Galega de Ciencias.