A Cámara axuda aos empresarios a depurar os resultados profesionais, con claves sobre produtividade, estratexia e vendas, e a súa calidade de vida, traballando o autoliderazgo e a motivación

Juan Luís Magariños, coach de negocios: “A mellora continua debe ser un modus vivendi na empresa e nas persoas” 

A conferencia celebrarase mañá martes-31 a partir das 19:00 horas

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrará mañá martes, 31 de xaneiro, unha conferencia sobre “Metas 17, autoliderazgo e mellora da produtividade persoal”, entre as 19:00 e as 20:30 horas no salón de actos. Dirixida a autónomos, pemes, empregados e emprendedores, a charla estará impartida polo coach de negocios e formador Juan Luís Magariños. Actualmente asesora a pemes e autónomos na mellora dos seus negocios. É fundador e director da firma Coaching para Enxeñeiros.

O obxecto da formación é facilitar a aprendizaxe de habilidades específicas e aplicables no día a día para calquera peme, autónomo ou emprendedor, enfocadas na mellora de resultados e calidade de vida. Magariños dará as claves para cultivar o autoliderazgo e a motivación e facilitará unha metodoloxía clara, eficaz e aplicable para o logro de obxectivos, válida para calquera tipo de negocio. Comentaranse casos prácticos baseados tanto na experiencia persoal do relator como no seu asesoramento a pemes, autónomos e emprendedores en diferentes sectores empresariais (TIC, venda online, inmobiliario, construción, servizos a empresas ou instalacións).

Para alcanzar o éxito, Juan Luís Magariños sinala que un compañía debe centrarse na súa visión empresarial, “quen quero ser no mercado”, porque ademais de vender servizos e produtos, o coach explica que as pemes e autónomos deben “vender marca para diferenciarse da competencia”. Outros aspectos importantes que según Magariños deben ter en conta son o equipo de traballo, a automatización de procesos, a mellora na experiencia do cliente desde que contacta coa empresa ata que termina de consumir o produto ou servizo, un sistema de marketing e vendas moi claro e sinxelo para pequenos negocios, e a produtividade e estratexia. “Para gozar de boa saúde financeira e garantir un crecemento sostible o primeiro é xerar liquidez e vender. As pemes e autónomos céntranse moito no produto ou servizo, descoidando áreas como as vendas, marketing, estratexia e produtividade” –explica–.

O experto considera que para conseguir as metas desexadas, os empresarios deben decidir canto queren gañar e quen queren ser no mercado para poder establecer os camiños máis idóneos. “Metas grandes necesitan transformacións e cambios internos grandes, sen referirse especificamente a grandes investimentos de capital, e facendo fincapé nos cambios na forma de pensar e ver o negocio, concretamente a forma de moverse, relacionarse e buscar contactos” –apunta–.

Taller para a mellora das habilidades emprendedoras

Como consecuencia, celebrarase un taller, “Metas 17, mellora das habilidades emprendedoras”, os días 17 e 18 de febreiro no viveiro de empresas de Costa Vella, o venres en horario de 16:30 a 20:30 horas e o sábado 10:00 a 14:00 horas, no que os alumnos aprenderán a crear o seu propio plan persoal e profesional de metas.

Juan Magariños destaca que o empresario deber ter ganas de mellorar, para o que sempre hai moitas opcións. “A mellora continua debe ser un modus vivendi na empresa e nas persoas. Para as microempresas un asesor externo cunha visión máis obxectiva e profesional do negocio pode axudar moito” –explica Magariños–.

Para desenvolver o plan de metas, o coach indica que se traballan aspectos personais, como o autoliderazgo e a motivación, nos que se axuda a que a persoa “conecte de forma potente cos motivos que a levan á acción” para crear novos hábitos que aseguren que vai polo bo camiño, identificando e superando calquera limitación ou temor existente”.

Ademais, o experto explica que se traballan aspectos empresariais, como a produtividade, a estratexia e as vendas, co obxecto de axudar a pensar ao empresario onde quere posicionar o seu negocio a logo plazo. “Poderá diferenciarse e crear unha experiencia para o cliente cada vez mellor, conseguindo aportar o valor suficiente para que repita a compra e referencie o negocio” –argumenta–.