O embaixador de Paraguai en España reúnese con catorce empresas da comarca na Cámara de Comercio para dar a coñecer as oportunidades comerciais do país

Antonio Rivas, embaixador: “Paraguay es el país más atractivo de América del Sur para inversiones extranjeras con costes competitivos en impuestos, energía y mano de obra”

O embaixador de Paraguai en España, Antonio Rivas Palacios, visitou hoxe a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela. A delegación de Paraguai, composta polo cónsul Xeral en Madrid, Felipe Robertti, o ministro da Embaixada, Gustavo Gómez Comas, e o cónsul Honorario de Galicia, Miguel Pampín, foi recibida polo presidente da institución, Jesús Asorey, e outros membros do pleno cameral.A delegación paraguaia mantivo un encontro con catorce empresas de Santiago e da comarca para transmitirlles os beneficios empresariais que ten o seu país. Jesús Asorey manifestou que o encontro é a ocasión idónea para que os empresarios participantes coñezan de primeira man as oportunidades de negocio e investimento que ofrece Paraguai para os seus sectores e estreiten lazos para potenciar a relación comercial entre os territorios.

No contexto demográfico, Antonio Rivas sinalou que Paraguai, cun territorio de 406.752 quilómetros cadrados no corazón de Sudamérica, conta cunha democracia “vibrante” e unha poboación maioritariamente moza onde o 70 por cento son cidadáns con menos de 35 anos que compoñen unha forza laboral nova.

O embaixador destacou que o país ten o nivel máis alto de produtividade da rexión do Mercado Común do Sur (Mercosur) con empresas multinacionais operando no seu territorio. “Comprometido con la integración sobre la base de una relación ganar-ganar y eje de economías como productor de alimentos, Paraguay ofrece una agenda para el comercio, la tecnología y la integración de las inversiones con todo el mundo” –explicou–.

Segundo a Comisión Económica de América Latina para as Nacións Unidas, o diplomático apuntou que o retorno do investimento en 2013 foi do 22 por cento de promedio e en sectores como o financeiro e o inmobiliario mesmo máis alto. Destacou tamén que Paraguai mantén un libre fluxo de capital e dividendos, dispón de estabilidade macroeconómica e rexistrou un incremento do 4,8 por cento do PIB nos últimos once anos. “Paraguay es el país más atractivo de América del Sur para inversiones extranjeras y ofrecemos a las empresas costes competitivos en impuestos, energía y mano de obra dentro de la región Mercosur, e incluso con respecto a países asiáticos” –asegurou–.

Ademais, Antonio Rivas comentou que o guaraní é a moneda máis estable da rexión e que o seu país creceu un 4,5 por cento no último ano, o que provoca un aumento da clase media e da demanda de servizos. En concreto, no sector da edificación o embaixador indicou que a demanda é de 100.000 vivendas por ano.

En canto a súa capacidade de crecemento, Antonio Rivas manifestou que Paraguai posúe capacidade para triplicar a produción agrícola, abundante enerxía eléctrica a un prezo competitivo e a terceira maior flota de embarcacións do mundo, a pesar de non ter costa marítima pero si un gran río navegable. “Somos el cuarto exportador de soja, y el sexto de maíz y de carne del mundo. Las empresas gallegas tienen oportunidades en el ámbito agrícola porque necesitamos darle valor agregado a nuestros productos. En nuestra estancia en Galicia intentaremos ver el funcionamiento de la agroindustria gallega en la producción láctea y ganadera” –indicou–.

Finalmente, o embaixador suliñou que na actualidade en Paraguai hai uns 11.000 habitantes de nacionalidade española e unhas 250 pemes instaladas, sen que ningunha teña abandonado o país. “Las empresas interesadas en nuestro mercado pueden contactar con empresarios españoles asentados en el país para que les cuenten su experiencia” –indicou–.