A falta de coñecementos empresariais provoca o fracaso na creación e consolidación dos negocios

Mariló Sánchez, fundadora de Campus Emprendedores: “El 80% de las empresas cierran antes del primer año, solo un 5% llegan al quinto año de actividad”

O viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago celebrou hoxe unha master class na que participaron 50 emprendedores

O viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Santiago celebrou hoxe unha master class titulada “Emprender con futuro”. A mentora de emprendedores e fundadora de Campus-Emprendedores, Mariló Sánchez, impartiu esta sesión formativa gratuíta á que asistiron máis de cincuenta emprendedores.

A economista, experta en desenvolvemento de modelos de expansión e franquicias, explicou aos participantes as sete claves para emprender con éxito un proxecto empresarial e convertilo nun negocio viable. Indicou cales son as ferramentas e os obxectivos que se deben alcanzar para consolidar unha empresa.

“El 80% de las empresas que abren cierran en el primer año de vida. Y del 20% restante, menos de un 5% llegan al quinto año de actividad. Estas cifras negativas se debe a que los dueños no han identificados sus debilidades a tiempo y no han buscado ayuda” –indicou a experta–. Segundo outras estatísticas que manexa, 96 de cada 100 negocios fracasan dentro dos seus primeiros dez anos de vida, e no caso de empresas on line só unha de cada 100 alcalza a cumprir os tres anos.

Ademais, Mariló Sánchez destacou que unha das razóns principais do fracaso é a falta de coñecementos empresariais dos propietarios dos negocios e, sobre todo, non detectar as súas debilidades e non buscar axuda, ou mesmo xestionar os seus negocios como un hobby e non como unha empresa.Master Class. Mariló Sánchez (derecha)