A Cámara de Santiago inicia a súa formación de final de ano con dous cursos de negociación comercial e marketing online este mes de outubro

Impartiranse outros cursos sobre redes sociais, xestión laboral e manipulador de alimentos e alérxenos

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela presenta a súa programación formativa para final de ano con cursos e xornadas sobre informática e novas tecnoloxías, recursos humanos, comercio e marketing e contabilidade e fiscalidade para todas as empresas dos trinta e dous concellos da demarcación cameral.

A entidade programou varias xornadas que tratarán de desenvolver temas demandados actualmente polas empresas, como a fidelización dos clientes, a negociación comercial, a xestión laboral, o uso das redes sociai ou un curso de manipulador de alimentos e alérxenos alimentarios.

O primeiro curso sobre Negociación: Planificación e peche de entrevistas” celebrarase do 23 ao 26 de outubro nas aulas formativas da Cámara de Comercio, en horario de 19:30 a 22:00 horas. Estará impartido por consultores de Arxon Estrategia que explicarán os diversos tipos de entrevistas ás que un empresario se pode enfrontar, ensinarán a interpretar a información recibida, ademais de dar nocións de técnicas de negociación e analizar cales son os erros de comunicación máis comúns.

Ademais, esa mesma semana dará comezo outro curso sobre a “Fidelización dos clientes mediante o email marketing”. Impartirase o 24 e 25 de outubro en horario de  16:30 a 21:30 horas e a docencia correrá a cargo de Norquality Formación. Os docentes explican que cando se empeza a traballar con persoas reais no desenvolvemento da estratexia de marketing dunha empresa “non se pode baixar a garda e é preciso manter a esas persoas interesadas e vinculadas coas temáticas da empresa. “Desenvolver campañas de email marketing é algo muy común e unha ferramenta bastante tradicional entre os xerentes de marketing, xa que ofrecen unha cantidade considerable de métricas detalladas e específicas que permiten entender a efectividade dos esfuerzos realizados” –argumentan–.

Ademais, a Cámara de Comercio de Santiago deseña unha formación “in company” con programas específicos creados á medida das empresas que os soliciten. A isto súmase a política de descontos da entidade: un 20% para empresas asociadas á Cámara e un 10% ás matrículas formalizadas antes de dez días antes do inicio do curso (descontos non acumulables). 

Máis información e Inscricións:

http://www.camaracompostela.com/index.asp?ind=1C0A0A0&p=210