A Cámara de Comercio de Santiago celebra un seminario online sobre recobro internacional de débedas

Analizaranse os principais procedementos a seguir fóra do territorio español

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela celebrará o próximo día 29 un seminario online sobre o recobro internacional de débedas, en colaboración co bufete Ignacio Fernández Abogados Asociados.

A sesión, que comezará ás 16:00 horas, establecerá unha aproximación ao concepto de recobro internacional de débedas e ás principais causas que producen o fenómeno. Detallaranse os sistemas de recobro, apuntando en cada caso as vantaxes ou inconvenientes. Ademais, analizaranse os principais procedementos a seguir fóra do territorio español. O obxecto é que os participantes adquiran os coñecementos precisos para garantir a máxima efectividade nestes procesos de cobro en xurisdicións estranxeiras.

A avogada e colaboradora do bufete Ignacio Fernández Abogados Asociados, Ana Pau, será a responsable de dirixir a xornada online, que se estenderá durante media hora e se impartirá a través da plataforma Gotowebinar. Ao finalizar a conferencia, a experta atenderá as dúbidas dos participantes a través do chat.

Os interesados en inscribirse deben facelo a través do seguinte enlace: https://attendee.gotowebinar.com/register/2485626729897153794.

deuda