A Concellaría de Xuventude inaugura esta tarde unha exposición fotográfica dos mellores momentos do MúsicaXove’10

Deseqilibrio_MentalNo acto, os participantes recibirán unha placa conmemorativa do seu paso polo certame

A cita será ás 20:00 horas no Centro Sociocultural O Ensanche, e contará coa asistencia do autor da mostra, o fotógrafo Per Rueda


O concelleiro de Xuventude e Festas de Santiago de Compostela, Xosé Baqueiro, inaugura esta tarde ás 20:00 horas no Centro Sociocultural e Xuvenil municipal O Ensanche a exposción fotográfica do 3º Certame MúsicaXove’10. O acto contará coa presenza do autor das imaxes, o fotógrafo Per Rueda, e cos grupos finalistas do concurso musical, que recibirán unha placa conmemorativa pola súa participación.
O certame, convocado polo Departamento de Xuventude, creouse co obxectico de promocionar, impulsar e canalizar a creatividade musical dos xoves. O concurso ten como destinatarios aos artistas emerxentes que manteñen a súa actividade en Galicia, e acolle en cada edición unha exposición que mostra a creatividade musical daqueles grupos que participaron no concurso e chegaron á selección final, dando a coñecer diferentes propostas musicais nas modalidades de:

•    Metal: Desequilibrio Mental, Nightcrawler e Empezar de Cero
•    Pop-Rock: Bëlop, Por placer e Frab Fly

A exposición, que permanecerá aberta ata o 31 de maio, está composta por 45 fotos en color de cada unha das fases finais do certame, con todos os grupos finalistas por categorías. As imaxes captan o mellor de cada un dos concertos na Sala Capitol.

O autor da mostra é o fotógrafo Per Rueda (Santa Cruz de Tenerife, 1977; e galego de adopción).  Centra o seu traballo no fotodocumentalismo desde fai 15 anos. Realizou fotografía fixa en películas e curtametraxes que foron premiadas co Mestre Mateo. Ademais participou en diversas publicacións e libros, como Xardíns das mariñas e Enciclopedia del Camino de Santiago. Fixo reportaxes en Palestina e Gaza, participando tres anos no Fisahara, o Festival de Cine Internacional do Sáhara. Segundo as súas palabras, un dos aspectos que mellor o definen como profesional da fotografía é a capacidade para extraer a personalidade e crear unha imaxe completa das persoas que retrata.

Xunto co seu socio Andrés Fraga, crearon Simboloxico Vol.2, unha pequena empresa que serve para canalizar os traballos de foto, deseño, web e comunicación.


PERFÍS DOS GRUPOS FINALISTAS DO III Certame MÚSICAXOVE´10

Metal


► Desequilibrio Mental  (www.myspace.com/deseqilibriomental). TEO. Gañador da categoría

Grupo galego qu se formou no 2002, cando cinco amigos e veciños deciden xuntarse no local de ensaio para compoñer cancións e pasalo ben ao mesmo tempo. Desde aquela a súa formación non sufriu ningún cambio, os compoñentes son: Anxo e Tito ád voces, Jimmy ás guitarras, Piky ao baixo e Piedra á batería.En xullo do 2008 incorporase ao grupo Miguel (guitarra). Axudados polos seus amigos Drinkin'Tinto dan o seu primeiro concerto en agosto de 2003, abrindo un pequeno festival en Teo onde tamén estiveron Entrance e os xa citados Drinkin'Tinto.

Ao longo de todos estes anos tocaron en diversos pubs e festivais da zona de Santiago e Pontevedra contando co apoio dos seus amigos e da xente que pouco a pouco se foi enganchando a súa música. En outubro do 2006 gravan a súa primeira maqueta nos estudios “Pousada Son” no que se inclúen tres temas do grupo.

As súas letras tratan de cousas que acontecen a miúdo na sociedade, realizando unha protesta intentando chegar á xente coa súa música. Os temas tratados son por exemplo os desastres naturais, a explotación laboral, etc. Actualmente seguen tocando en directo e preparándose para gravar o seu primeiro disco en estudio o antes posible.

► Nightcrawler (www.myspace.com/nightcrawlermetal). SANTIAGO

A historia de Nightcrawler comenza en 2007 cando Marcos e Donato deciden aunar forzas para sacar adiante un proxecto de metal "tirando cara algo cañeiro". Tras un par de intercambios de ideas en midis e archivos de guitar pro a buscar músico para completar a formación. O primeiro fichaxe para a banda será Angie, vocalista e frontwoman que x participara nalgún proxecto anterior con Marcos. Comenzan a fase de compoñer, escribir e retocar temas, mentres seguen buscando iembros.

Aínda sen un batería, o grupo comenza a gravar os seus primeiros temas con Mou (guitarrista de Trashnos e cantante de Los Keepers, grupo tributo a Helloween onde tamén milita Marcos) e tempo despois outro membro dos Keepers, Paco, unirase primeiro como batería e finalmente como guitarrista.

A mediados de novembreo de 2008, co grupo inmerso na gravación do seu primeiro traballo, únese Roque ao posto de batería. En maio de 2009 aparece a primera demo do grupo, “Burning like flesh on the rotten soil”, nunha tirada limitada a 77 copias para o primeiro concerto del grupo no pub TNT en Santiago de Compostela. Posteriormente unha nova tirada de 100 copias edítase en xullo incluíndo varios temas extra gravados en directo no pub TNT.

Membros do grupo:
•    Marcos: guitarra e voz. Membro fundador. Natural de Valencia, con domicilio familiar en Arzúa aínda que afincado en Santiago.
•    Donato: baixo e voz. Membro fundador. Natural de Ortigueira e afincado en Santiago.
•    Angie: voz. Natural de Salamanca e actualmente afincada en Santiago.
•    Paco: Guitarra. Natural de Ferrol, itinerando por Galicia.
•    Roque: Batería. Natural de Santiago de Compostela, estudante de historia.

► Empezar de Cero (www.myspace.com/empezardezero). ARZÚA

Nace en marzo de 2009, como unha mestura de rock e metal cantado en español. En setembro deron o seu primeiro concerto. Non foi ata 2010 cando lanzaron a súa primeira maqueta "Una grata sorpresa", cos primeiros 4 temas escritos para o grupo.

Pop-Rock


► Belöp (www.myspace.com/belop). Redondela. Gañador da categoría

Belöp son tres mozos de Redondela que se unían cada sábado para tocar na casa. Teñen 21 e 22 anos, e levan tres tocando xuntos e convertéronse nunha das principais promesas da escena indie galega. Cumpren os principais requisitos para ostentar este cargo: un sonido alternativo con influencias electrónicas, letras en inglés e de todo menos aburrimento nas súas actuacións en directo.

Iniciaron esta aventura en setembre do 2007. Entón David González Couñago, Diego Reicón Herbella (coñecido como Calía) e Fabio Cebral Otero decidieron que co seu baixo, batería e guitarra eran máis que suficientes. Fabio asumiu o papel de vocalista e o resultado convenceunos. O seu son tamén tivo boa acollida en Internet, o que lles permitiu actuar por toda Galicia e tamén en salas de Barcelona e Madrid presentando os temas da súa maqueta “Sometimes people need something like this”.

Un ano máis tarde faise visible o resultado da composición coa gravación de tres temas en maqueta “Dancing with a purple octopus”, o seu primeiro traballo serio. A banda, coñecida por deixar participar aos fans nos seus concertos, rodou por todo o territorio español e a súa música sona en cidades como Barcelona, Madrid, Santander ou Xixón. O grupo foi galardonado este ano na 9ª edición dos Premios da Música MAKETON ESTRELLA GALICIA e foron os gañadores no 2º Certame nacional QUEIXO MAQUETÓN que se celebrou no mes de marzo en Arzúa.

►Por Placer (www.myspace.com/porplacer/ http://www.porplacer.es/). Vigo

A historia do grupo comeza en febreiro de 2006 despois da experiencia de Emma como solista e do resto de membros da banda noutros grupos de diversos estilos. Nese ano unen os seus camiños e deciden presentarse a un concurso dos 40 principales en A Coruña, onde quedan como finalistas entre máis de 100 bandas. De ahí en diante o grupo consolídase e empezan a dar concertos e participar en festivais e concursos, con gran aceptación por parte do público, da crítica e os medios. A base da súa proposta é fundamentalmente un pop/rock que ten algo que contar, cada canción é unha historia, unha experiencia e así se mostran en directo, empatizando co público pola mestura entre canción de autor e pop urbano con toques rock. Na actualidade, o grupo está presentando o seu primeiro traballo de estudo, un resume que consta de dez cancións onde reflicten o seu estilo, intencións e inquietudes.

Membros do grupo:
•    Óscar del Moral: Teclista (Hammond)  
•    Cosme Portela: Baixista    
•    Cristian Rodríguez: Batería e percusionista   
•    David Alonso: Guitarra acústica   
•    Jorge Álvarez: Guitarra solista e coros  
•    Emma Placer: Voz principal      

► Frab Fly (www.myspace.com/frabflygroup). Santiago

Frab Fly é un grupo de catro chavales, nacidos en 1993 e 1994, que se formou no 2007, formado por Zack (batería e coros), Adrián (guitarra e voz), Álvaro (guitarra, baixo e coros) e Roi (voz, guitarra e baixo). En 2009 comezaron a ensaiar nos locais de ensaio do Sar en Santiago. Por ese tempo, mandaron unha canción á cadena Disney Channel paa o concurso My camp rock, onde se clasificaron para a semifinal. Dous meses maís tarde foron seleccionados para participar no II Certame de MúsicaXove’09, onde loitaron polo primeiro premio con Dirty Socks e Agoraphobia, obtendo un segundo premio. Desde entón comezaron a dar un número considerable de concertos e a ampliar o seu repertorio, incluíndo temas pop punk /pop rock e cancións lentas tanto en inglés coma en español.