O Colexio de Arquitectos acolle a exposición belga Coups de Coeur, unha actividade programada no marco do Roteiro de Creación 2010

Obra_Valrie_LendersA inauguración terá lugar esta tarde, ás 20:00 horas na Casa da Conga

A presentación contará coa actuación de Coro da Rá

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) pon de manifesto a súa estreita colaboración co Roteiro de Creación inaugurando esta tarde unha exposición na sede do COAG, ás 20:00 horas na Casa da Conga (praza da Quintana, 1). Trátase da exposición “Coups de Coeur”, unha mostra das obras gañadoras do Parcours d’Artistes de Saint-Gilles de Bruselas. Os creadores belgas, un total de cinco artistas, expoñen o seu traballo por primeira vez en Galicia. Durante o acto contarase coa actuación do Coro da Rá.

 

Ler máis: O Colexio de Arquitectos acolle a exposición belga Coups de Coeur, unha actividade programada no...

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos organiza un ciclo de cine con catro películas sobre “auténticos sobreviventes urbanos”

Cinecidade 2010Karme García, comité organizador do ciclo: “Os personaxes destas historias móvense por cidades tan dispares pero tan parecidas como Berlín, Nueva York, Saigón e Ammam”

Proxectaranse entre o 5 e 8 de outubro na Aula de Cultura de Caixa Galicia [rúa Carreira do Conde]


A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) presentou hoxe a cuarta edición do ciclo CineCidade 4.0 Sobreviventes, que se celebrará entre os días 5 e 8 de outubro. Neste ciclo proxectaranse un total de catro películas (en V.O. subtitulada) na Aula de Cultura de Caixa Galicia ás 21:00 horas, con entrada gratuíta. Na presentación estiveron presentes os membros do comité organizador do ciclo, Karme García e Carmen Rey.

A Asociación Sostenibilidad y Arquitectura inaugura mañá en Santiago unha árbore urbana artificial para reivindicar accións baseadas na sustentabilidade

prototipo_arbolO acto celebrarase en Conxo, na Praza de Aurelio Aguirre, ás 12:30 horas, coa asistencia da presidenta da Asociación e do alcade de Santiago

A Asociación Sostenibilidad y Arquitectura (ASA), colectivo nacional independente liderado por arquitectos e urbanistas para traballar en temas relacionados coa  sustentabilidade, inaugura mañá mércores-7 de xullo, ás 12:30 horas na Praza de Aurelio Aguirre de Conxo, unha das súas propostas de accións urbanas. O acto estará presidido pola presidenta da Asociación, María Jesús González; o seu tesoureiro, Andrés Perea; a súa secretaria, a arquitecta afincada en Santiago Teresa Banet; o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Antón Sánchez Bugallo; e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón; ademais do presidente da Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia, Jorge Duarte.

 

Ler máis: A Asociación Sostenibilidad y Arquitectura inaugura mañá en Santiago unha árbore urbana artificial...

A Asociación Sostenibilidad y Arquitectura inaugurou a árbore urbana co obxecto de promover a conciencia medioambiental entre os cidadáns

Presidenta_ASA_2Jorge Duarte, presidente da Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia: “Aquela arquitectura que non sexa sustentable non pode ser boa arquitectura”

María Jesús González, presidenta da Asociación: “A cidade sustentable chegará cando non se deixe pegada ecolóxica”

A Asociación Sostenibilidad y Arquitectura (ASA), colectivo nacional independente liderado por arquitectos e urbanistas para traballar en temas relacionados coa  sustentabilidade, inaugurou esta mañá o prototipo de árbore urbana que permanecerá na praza de Aurelio Aguirre, no barrio de Conxo, durante dúas semanas. O acto estivo presidido pola presidenta da Asociación, María Jesús González; o seu tesoureiro, Andrés Perea; a súa secretaria, a arquitecta afincada en Santiago Teresa Banet; o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Antón Sánchez Bugallo; e a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón; ademais do presidente da Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia, Jorge Duarte, e os arquitectos gañadores do proxecto Uriel Forgué e Carlos Palacio.

 

Ler máis: A Asociación Sostenibilidad y Arquitectura inaugurou a árbore urbana co obxecto de promover a...

O prestixioso arquitecto e urbanista italiano Pietro Laureano ofrece unha conferencia sobre o valor dos recursos tradicionais na xestión sustentable do territorio e a cidade, mañá ás 20:00 horas no CGAC

cicloaguaÉ consultor da UNESCO como experto en zonas áridas, a civilización islámica e os ecosistemas en perigo

Esta charla é a primeira do ciclo de conferencias que organiza o Colexio de Arquitectos de Santiago: A auga de Compostela. Patrimonio para unha cidade sustentable

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG-Santiago) presentou hoxe un ciclo de conferencias sobre A auga de Compostela. Patrimonio para unha cidade sustentable, en colaboración coa Concellaría de Medio Ambiente de Santiago e o Máster de Renovación Urbana e Rehabilitación da USC. No acto estiveron presentes o presidente do COAG-Santiago, Jorge Duarte; o coordinador da Comisión de Cultura do COAG-Santiago, Iván Andrés; e a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos.